A Policía Autonómica identificou a 53 persoas o fin de semana e denunciou a dúas por non usar máscara

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2021 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica identificou a 53 persoas o pasado fin de semana en 52 dispositivos levados a cabo en 22 municipios galegos no marco do plan de actuacións específicas para frear a Covid-19. En concreto, tramitou dúas denuncias, ambas as dúas por non facer uso da máscara.

Así o informou nun comunicado a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, no que explica que os controis se realizaron no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola Covid-19.

Na provincia da Coruña os axentes realizaron catro dispositivos nos municipios de Santiago de Compostela e Vedra; e na luguesa levaron a cabo 22 en Burela, Foz, Lugo, Monforte, A Pastoriza e Viveiro.

Pola súa banda, na provincia ourensá fixeron dez dispositivos nas localidades de Allariz, Ourense e San Cibrao das Viñas; e na pontevedresa levaron a cabo 16 operativos en Barro, Caldas de Reis, Marín, Meis, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Sanxenxo, Vigo e Vilaboa.

A Xunta puntualiza que estes dispositivos se enmarcan na colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, "cada unha no marco das súas competencias", lembra.

Coche da Policía Autonómica
Coche da Policía Autonómica | Fonte: Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta