Axudas para empresas de venda de vehículos eléctricos e infraestruturas de recarga

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2021 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

A Xunta publica este xoves no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación da convocatoria de axudas para o período 2021-2023 do 'Moves III', o programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica que contará cun total de 22,7 millóns de euros. O Goberno galego destinará 4,4 para desenvolver proxectos propios neste ámbito.

Así, este venres abre o prazo para que os concesionario, no caso de adquisición de automóbiles, e empresas instaladoras de baixa tensión para a implantación de infraestruturas de recarga presenten as súas solicitudes como entidades colaboradoras.

Os particulares, comunidades de propietarios, autónomos, empresas e entidades locais poderán pedir as axudas do programa a partir do 13 de setembro, e concederanse por orde de chegada.

Os apoios para a compra de automóbiles poderán alcanzar os 9.000 euros e nesta convocatoria duplícase ata o 80% a porcentaxe máxima de axudas para a instalación de puntos de recarga.

Un coche cárgase nun punto de recarga para coches eléctricos en Madrid.. Eduardo Parra - Europa Press
Un coche cárgase nun punto de recarga para coches eléctricos en Madrid.. Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta