Temas: RENDA ICO

O financiamento do Instituto de Crédito Oficial ascende a máis de 5.000 millóns

Delegación do Goberrno informa que "máis de 80.000 galegas e galegos se beneficiaron no que vai de ano" das medidas do Executivo.

Por E.P. | A CORUÑA | 06/08/2021 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

O financiamento garantido polo Instituto de Crédito Oficial (ICO) en Galicia ascende a 5.824,5 millóns de euros, con 37.441 empresas, segundo informa a Delegación do Goberno. Nun comunicado, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destaca tamén, en relación ás medidas do Executivo, que "máis de 80.000 galegas e galegos se beneficiaron no que vai de ano" delas.

"Durante os primeiros sete meses do ano, 43.717 persoas ao mes, de media, víronse favorecidas pola prórroga dos ERTE, que protexen os postos de traballo, con 120,5 millóns de euros en prestacións", engade a Delegación do Goberno. "Ademais, 7.367 galegas e galegos beneficiáronse do fraccionamento do pago da débeda tributaria derivada da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), por un importe de 6,2 millóns de euros", apostila.

En canto ás persoas que traballan por conta propia, foron 26.944 os autónomos e autónomas de Galicia con prestacións extraordinarias para a súa actividade, cunha contía de 389,3 millóns de euros. Tamén houbo 898 galegas e galegos, de media cada mes, con contrato fixo descontinuo que se acolleron a medidas extraordinarias, con 3,3 millóns de euros.

José Miñones subliña que o obxectivo do escudo social do Goberno é "non deixar ninguén atrás". "Por iso, no capítulo de apoio a persoas traballadoras e a empresas, destinou en Galicia 234,5 millóns de euros para axudas directas a empresas e autónomos", engade.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones | Fonte: Delegación do Goberno.

Temas: RENDA ICO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta