A Lama e Cerdedo-Cotobade incorporan máis de 50 hectáreas de monte autóctono ao rexistro da Xunta

Pertencen ao monte veciñal de Escuadra e lindeiras de particulares en Cerdedo-Cotobade

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2021 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural publicou este xoves o anuncio, no Diario Oficial de Galicia (DOG), polo que se somete a información pública o procedemento de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas do monte Escuadra, na Lama de titularidade veciñal, e doutros montes lindeiros en Cerdedo-Cotobate, en mans de propietarios particulares.

Segundo informa a Xunta nun comunicado, o número de hectáreas inscritas é de 51,84 que están formadas por carballos e bidueiros, das que unhas 31,2 hectáreas sitúanse no monte Escuadra. Desta forma, o Goberno galego asegurou que a partir deste sábado e co prazo de dous meses, calquera persoa xurídica ou física poderá presentar as alegacións que considere.

MASAS INSCRITAS

Así mesmo, o número de masas xa inscritas no rexistro é de 22, de acordo a cifras da Xunta. Destas, 2 están na provincia da Coruña, 8 en Lugo, 6 en Ourense e outras 6 en Pontevedra, cunha superficie de 1.800 hectáreas.

Nesta liña, as hectáreas existentes en Galicia de frondosas autóctonas, de acordo ao 4º Inventario Forestal Nacional, é de 415.000, con predominio de carballos, castiñeiros ou bidueiros, entre outros.

A este respecto, a Xunta lembrou que as masas inscritas no rexistro contan con prioridade na concesión de axudas públicas, ademais de vantaxes fiscais para os seus titulares, entre outros.

Carballeira galega.
Carballeira galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta