Máis do 75% das persoas a vacinar en Galicia están inmunizadas contra a covid-19

Avanza a vacinación da mocidade entre 20 e 29 anos, con 169.948 con polo menos unha dose.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2021 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

Máis do 75% dos galegos --un 75,6%--- a vacinar están xa inmunizados contra a covid-19, con 1.856.156 persoas coa pauta completa, 33 máis que na xornada anterior. Mentres, avanza a vacinación da mocidade de entre 20 e 29 anos con 169.948 con polo menos a primeira dose, o que supón o 73,6% da poboación nesta franxa susceptible de recibir a vacina. Ademais, o 85,4% dos galegos a vacinar, conta con polo menos unha picada.

Así, segundo figura na última actualización dos datos do proceso de vacinación publicados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade. Ademais, os datos sinalan que se administraron 3.779.329 dose das 3.800.645 recibidas ata a data, o que supón 776 postas máis.

Por condición de vulnerabilidade, os datos actualizados por Sanidade reflicten que se administrou polo menos unha dose a 15.517 persoas de alto risco (sen cambios) e 15.234 completaron a pauta (sen cambios); mentres que o número de dependentes non institucionalizados vacinados non variou e mantense en 17.654 con polo menos unha dose e 17.509 con pauta completa (sen cambios). Tampouco hai cambios entre as persoas institucionalizadas: 26.597 recibiron como mínimo a primeira picada e 26.500 finalizaron o proceso.

En canto aos vacinados por probabilidade de exposición, 73.231 traballadores do ámbito sanitario recibiron polo menos a primeira dose e 72.522 (sen cambios) están inmunizados. Así mesmo, administrouse a primeira inxección a 27.430 profesionais do ámbito sociosanitario e 27.130 (sen cambios) contan coa pauta completa. Tamén recibiron como mínimo unha dose da vacina contra a Covid-19 no conxunto de Galicia 44.761 (sen cambios) traballadores de actividades esenciais e 43.599 (sen cambios) completaron o proceso.

En canto ás persoas que foron citadas a vacinarse pola súa idade, a 1.891.593 cidadáns administróuselles polo menos unha dose (+771) e 1.653.585 teñen a pauta completa (+63).

Dous  mozos saúdan tras ser vacinadas contra o Covid-19 no complexo de Cidade da Cultura. César Arxina - Europa Press
Dous mozos saúdan tras ser vacinadas contra o Covid-19 no complexo de Cidade da Cultura. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta