A Deputación da Coruña reforza a súa alianza co Condado de Durham para a promoción do Camiño Inglés

"Nos últimos anos tamén levaron a cabo accións de promoción do Camiño Fisterra-Muxía, que cada ano conta con máis peregrinos procedentes do Reino Unido" subliña o deputado provincial Antonio Leira.

Por E.P. | A CORUÑA | 16/08/2021 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

O deputado de Economía e Facenda da Deputación da Coruña, Antonio Leira, e a súa homóloga no Condado de Durham, Amy Harhoff, asinaron este luns, durante unha videoconferencia, un protocolo de colaboración para a promoción conxunta do Camiño Inglés e o Camiño Fisterra-Muxía.

Leira destacou que, desde 2017, o organismo provincial está a manter unha estreita colaboración coa entidade Visit County Durham, en Inglaterra, co obxectivo de articular plans de difusión e posta en valor do Camiño Inglés.

"Nos últimos anos tamén levaron a cabo acciones de promoción do Camiño Fisterra-Muxía, que cada ano conta con máis peregrinos procedentes do Reino Unido", subliña o deputado provincial.

O deputado de Economía da Deputación da Coruña, Antonio Leira, na firma dun protocolo de colaboración para a promoción do Camiño Inglés. TORRECILLA
O deputado de Economía da Deputación da Coruña, Antonio Leira, na firma dun protocolo de colaboración para a promoción do Camiño Inglés. TORRECILLA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta