Escindidos da CIG constituén a sección sindical da CUT en Citröen

Entre eles está Vitor Manuel Mariño, anterior membro da Executiva Comarcal da CIG en Vigo e Eladio Bastos, tamén ex membro do Comité de Empresa por este mesmo sindicato.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 12/01/2014 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Central Unitaria de Traballadores (CUT) xa ten unha nova Sección Sindical e, ademais, nunha das empresas máis importantes de Galicia; a empresa Citroën.

Fábrica de Citröen en Vigo
Fábrica de Citröen en Vigo

Foi este venres cando se presentou ante a OPR (Oficina Publica de Rexistro) da Xunta de Galicia, unha comunicación escrita da renovación da constitución desta sección sindical. Tamén xa foi rexistrado a súa constitución perante a Empresa e o Comité de Empresa.

Como responsables da mesma figuran como Secretario Xeral Vitor Manuel Mariño Fernandez, anterior membro da Executiva Comarcal da CIG en Vigo así como da Sección Sindical neste centro de traballo, expulsado da CIG por diferenzas coa cupula da dirección do sindicato. E como Delegado Sindical está Eladio Bastos Covelo, un ex-membro do Comite de Empresa, Executiva, e Consello da Sección Sindical na CIG en PSA.

Conformada por membros do sector crítico da CIG

Os novos membros que forman parte da nova Sección Sindical da C.U.T son ex-membros do sector critico da C.I.G, así como un terzo dos membros do Consello da Sección Sindical da C.I.G en PSA neste centro de traballo, xunto cos delegados que tamén tiñan un expediente aberto e revogados polo sindicato do seu cargo. "Tamén están membros do sector critico en Citroën, que unha vez tiveron constancia da expulsión de Vitor Mariño decidiron xunto con mais afiliados/as darse de baixa en bloque na C.I.G", suliña esta sección sindical da CUT nun comunicado.

"Xunto cos estes compañeiros deronse de baixa desta organización distintos delegados/as de diferentes empresas, asi como afiliados/as, polo que consideran unha persecución ideoloxica sindical, donde prevalecen criterios de afinidade politica fronte os que non queren un sindicato politizado e correa de transmisión de ningun partido politico", denuncia.

A nova formación sindical neste centro de traballo, que celebrara eleccións sindicais este ano, aspira a presentar unha candidatura ao Comite de Empresa. "Será plural, participativa e combativa ante os retrocesos e perdidas de dereitos que se estan dando no sector do automobil", apunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

3 Akribéstaton

Polos vistos o principal mérito dessa gente é terem pertencido à CIG...

2 victorinodeljefito

ben pola cut....todo lle vale....aqui levan nun paquetiño toda a amarelada pro empresa que queria debilitar o sindicalismo de clase...que lles aprobeite!! grande futuro teñen asinando todo o que lles pon a patronal!!

1 RENOVACIONSINDICAL

Compañeiro, eu coñezo as duas versions deste conflito, eu estaba coa CIG oficial, pero o final me teñen demostrado quenes son os vendidos. Estes compañeiros no convenio colectivo defenderon non asinalo por ser regresivo contra os traballadores/as, os mesmos que iniciaron aquelas concertracions na casa branca, o cal se uniu a CIG, e despois de estar berrando o ultimo dia MANOS ARRIBA ESTO ES UN ATRACO!!!!, o dia seguinte na asamblea defenderon a sinatura do mesmo xa que os sabsdos non eran obrigatorios........xa traballache algún, porque onde quedou a voluntariedade. Se eres tan critico será porque participas nas asembleas, enton recordaras que defendían uns e outros.......será ese o sindicalismo de clase do que falas.

1 Gamela

¿Transfuguismo ou Depuración? :: Haberá que coñecer máis sobre as causas últimas que ten a CIG para perder representación sindical na Citroën! :: Terá algo que ver Paco con todo isto... ou tampouco?

1 Bautista do Unto

Nunca tan manipulada estivo a CIG pola UPG como na actualidade. Agora tamén hai o problema engadido que non hai ingresos dabondo para manter a tantos liberad@s, administrativ@s e avogad@s e non queda outra que reducir. Por suposto que non lles vai tocar aos que pertenzan á UPG. Ademais a deriva da CIG vai permitir que outras forzas sindicais agromen e medren

2 Divide e vencerás

Si ho, que agromen mais forzas sindicais españolistas sindicatos taxis que dinamiten o sindicalismo galego de clase. A min o teu discurso facho de "liberados" coma nas mais reaccionarias canles do neo franquismo expañol non me deixa lugar a dúbidas de que eres un troll. O mesmo me pasa co postmodernismo burgués de estes illuminatis de sindicato "apolitizado" iso de "apolitizados" porque a política está en todas as relacións sociais, non o raga nin o que asou a manteiga. Habería que preguntarlles aos traballadores, non escoitar aos parásitos sociais, qué pensan? se están de acordó coa política sindical da CIG? que espurios intereses hai detrás dos desertores por non acceder a ser liberados? Serían os traballadores quén falaran, o que si sei é que detrás de estes grupúsculos supostamente "aideoloxicos" pero sectarios e dogmaticos a mais non poder, sempre están as mans dos esplotadores.

3 Divide e vencerás

Si ho, que agromen mais forzas sindicais españolistas sindicatos taxis que dinamiten o sindicalismo galego de clase. A min o teu discurso facho de "liberados" coma nas mais reaccionarias canles do neo franquismo expañol non me deixa lugar a dúbidas de que eres un troll. O mesmo me pasa co postmodernismo burgués de estes illuminatis de sindicato "apolitizado" iso de "apolitizados" porque a política está en todas as relacións sociais, non o raga nin o que asou a manteiga. Habería que preguntarlles aos traballadores, non escoitar aos parásitos sociais, qué pensan? se están de acordó coa política sindical da CIG? que espurios intereses hai detrás dos desertores por non acceder a ser liberados? Serían os traballadores quén falaran, o que si sei é que detrás de estes grupúsculos supostamente "aideoloxicos" pero sectarios e dogmaticos a mais non poder, sempre están as mans dos esplotadores.

4 Divide e vencerás

Si ho, que agromen mais forzas sindicais españolistas sindicatos taxis que dinamiten a unidade do sindicalismo galego de clase. A min o teu discurso facho de "liberados" coma nas mais reaccionarias canles do neo franquismo expañol non me deixa lugar a dúbidas de que eres un troll. O mesmo me pasa co postmodernismo burgués de estes illuminatis de sindicato "apolitizado" iso de "apolitizados" porque a política está en todas as relacións sociais, non o raga nin o que asou a manteiga. Habería que preguntarlles aos traballadores, non escoitar aos parásitos sociais, qué pensan? se están de acordó coa política sindical da CIG? que espurios intereses hai detrás dos desertores por non acceder a ser liberados? Serían os traballadores quén falaran, o que si sei é que detrás de estes grupúsculos supostamente "aideoloxicos" pero sectarios e dogmaticos a mais non poder, sempre están as mans dos esplotadores.