O BNG recupera a Guillerme Vázquez para a Fundación Galiza Sempre

Haberá unha remoderación "máis grande" deste órgano que afectará ao seu Padroado. O ex voceiro nacional substituirá na Presidencia a Xesús Veiga.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/01/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O que foi voceiro nacional do BNG desde 2009 ata a primavera do pasado ano, Guillerme Vázquez, volve ao primeiro plano político. E o fará para presidir a Fundación Galiza Sempre que, ata agora, presidía o ex parlamentario e veterano político Xesús Veiga e na que estivo, ata que abandonou o BNG, Xosé Manuel Beiras.

Rolda de prensa de Guillerme Vázquez
Rolda de prensa de Guillerme Vázquez | Fonte: BNG

A decisión xa foi adoptada pola Executiva do BNG en novembro do pasado ano, pero será estes días cando se dea a coñecer públicamente. Segundo as fontes consultadas por GC, foi a UPG a que plantexou este cambio que foi aprobado por unanimidade. 

Sen embargo, o novo portavoz nacional, Xavier Vence, en declaracións a GC, suliñou que a mudanza na Presidencia da fundación é parte dunha remodelación "máis grande" que afectará a todo o seu Padroado e que se dará a coñecer "nos vindeiros días".

Da man da APU

Guillerme Vázquez volve, deste xeito, a un posto de relevancia pública logo do seu paso pola Portavocía Nacional á que chegou aupado pola plataforma Alternativa pola Unidade (APU), que liderou a UPG na asemblea do 2009. A mesma alternativa volveu a propoñelo como portavoz na traumática Asemblea Nacional de Amio de 2011, da que volveu saír reelexido por estreito marxe e que, finalmente, acabou na ruptura do BNG.

Segundo as fontes consultadas, un dos argumentos esgrimidos pola UPG para botar man do ex deputado no Parlamento galego e no Congreso foi en recoñecemento o seu labor como portavoz nacional. Antes ca el, tamén Xosé Manuel Beiras recalou no mesmo cargo.

Con todo, e a pesares de estar na mesma situación que Beiras ou Vázquez, Anxo Quintana non tivo ese recoñecemento logo de liderar o BNG desde o 2003 ata o 2009 e chegar ao máximo posto institucional que tivo nunca un dirixente do BNG, a Vicepresidencia da Xunta.

Sen representación de Abrente

Guillerme Vázquez substituirá a Xesús Veiga, ex lider de Inzar e unha das cabezas visibles do movemento Abrente --antes Máis Galiza--. Deste xeito, este grupo queda sen ningunha representación nos altos postos de representación do BNG, xa que tampouco están na Executiva, a pesares de que os seus membros sosteñen a maior parte das alcaldías do Bloque.

Con todo, non só mudará a Presidencia. Tamén haberá cambios no Padroado coa chegada de novas persoas, "algúns deles, rostros coñecidos da cultura galega que non militan no BNG", aseguran as fontes consultadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

25 Realidade virtual

Minten os criticos.Guillerme Vazquez chega a presidencia de GS porque e un tipo brillante,famoso polo seu pensamento critico. Os coroneis da UPG sempre escollen ben e o BNG vai ben e apaña mais e mais votos cada dia que pasa

24 Felipe de Xinzo

xa non quero ler máis comentarios de trolls antiBNG porque xa fartan, vós nunca vos mirachedes nun espello?, porque de todo o que acusades aos da UPG é o que sodes vós, pero que lle imos facer, SÓ UNHA COUSA, este home como presidente da fundación Galiza Sempre vai traballar e non PASEAR como fixo o anterior presidente, o señor Beiras, un pouco de humildade e coherencia nas vosas opinións.

23 Informador

Nova de última hora sobre a UPG Parece ser que a ruptura de ANOVA está provocada por cun comando infiltrado da UPG.

22 Anovar Anova

Este Domingo 19, ás 10.30h no Hotel Peregrino de Compostela terá lugar unha ASEMBLEA ABERTA de toda a MILITANCIA CRÍTICA DE ANOVA co palleirismo, aberta a simpatizantes, votantes e movementos sociais.Farase unha análise crítica da insoportable situación interna da organización, e deseñarase unha estratexia de ACCIÓN COLECTIVA para RACHAR CO DIRIXISMO conspirador que abafa a democracia. http://anovaranova.wordpress.com/20...

21 Siloxista

é a lóxica da UPG: 1-canto máis mediocre máis mandadiño 2-canto máis mandadiño menos problemas para os coroneis 3-cantos menos problemas para os coroneis,máis chopes poderás apañar. Guillerme Vazquez é o modelo perfecto

1 Grandiosisimos

O mellor é ter un lider non mediocre senon grandioso que se dedique a usar a fundacion para viaxar de hoteles e avions polo mundo adiante, todo moi altermundista cos cartos dos militantes

2 Rigoberto

Que nivel de análise "siloxista"!!! Porque non escribes en La Voz?

3 pensologoexisto

Se a U e o Guillerme son tan mediocres, o normal sería que os que non o son funcionasen. Coñ...mais se o que funciona é o BNG?.