O BNG recupera a Guillerme Vázquez para a Fundación Galiza Sempre

Haberá unha remoderación "máis grande" deste órgano que afectará ao seu Padroado. O ex voceiro nacional substituirá na Presidencia a Xesús Veiga.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/01/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O que foi voceiro nacional do BNG desde 2009 ata a primavera do pasado ano, Guillerme Vázquez, volve ao primeiro plano político. E o fará para presidir a Fundación Galiza Sempre que, ata agora, presidía o ex parlamentario e veterano político Xesús Veiga e na que estivo, ata que abandonou o BNG, Xosé Manuel Beiras.

Rolda de prensa de Guillerme Vázquez
Rolda de prensa de Guillerme Vázquez | Fonte: BNG

A decisión xa foi adoptada pola Executiva do BNG en novembro do pasado ano, pero será estes días cando se dea a coñecer públicamente. Segundo as fontes consultadas por GC, foi a UPG a que plantexou este cambio que foi aprobado por unanimidade. 

Sen embargo, o novo portavoz nacional, Xavier Vence, en declaracións a GC, suliñou que a mudanza na Presidencia da fundación é parte dunha remodelación "máis grande" que afectará a todo o seu Padroado e que se dará a coñecer "nos vindeiros días".

Da man da APU

Guillerme Vázquez volve, deste xeito, a un posto de relevancia pública logo do seu paso pola Portavocía Nacional á que chegou aupado pola plataforma Alternativa pola Unidade (APU), que liderou a UPG na asemblea do 2009. A mesma alternativa volveu a propoñelo como portavoz na traumática Asemblea Nacional de Amio de 2011, da que volveu saír reelexido por estreito marxe e que, finalmente, acabou na ruptura do BNG.

Segundo as fontes consultadas, un dos argumentos esgrimidos pola UPG para botar man do ex deputado no Parlamento galego e no Congreso foi en recoñecemento o seu labor como portavoz nacional. Antes ca el, tamén Xosé Manuel Beiras recalou no mesmo cargo.

Con todo, e a pesares de estar na mesma situación que Beiras ou Vázquez, Anxo Quintana non tivo ese recoñecemento logo de liderar o BNG desde o 2003 ata o 2009 e chegar ao máximo posto institucional que tivo nunca un dirixente do BNG, a Vicepresidencia da Xunta.

Sen representación de Abrente

Guillerme Vázquez substituirá a Xesús Veiga, ex lider de Inzar e unha das cabezas visibles do movemento Abrente --antes Máis Galiza--. Deste xeito, este grupo queda sen ningunha representación nos altos postos de representación do BNG, xa que tampouco están na Executiva, a pesares de que os seus membros sosteñen a maior parte das alcaldías do Bloque.

Con todo, non só mudará a Presidencia. Tamén haberá cambios no Padroado coa chegada de novas persoas, "algúns deles, rostros coñecidos da cultura galega que non militan no BNG", aseguran as fontes consultadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

20 Un coplista

Olé por la UPG. Así es como tienen que actuar. Viva la copla y Paco Zarcuelas.

19 Anovar Anova

Hoxe ás 20h no Multiusos da Xunqueira, rolda de prensa dos EXPULSADOS DE ANOVA, onde explicarán as causas e causantes da PURGA. http://anovaranova.wordpress.com/20...

18 Ciudadano

Sempre trincando en Galiza

17 antiburras

E como fixeron para resucitalo?

16 Anova Corral

Anova Corral : o postiño de Eurodeputado con IU sera para Lopez Rico ou para o golfiño sucesor?? http://www.cousasdeimeneo.net/anova...