Caen máis de mil raios en Galicia nunha tarde con fortes treboadas, especialmente en Ourense

A maioría dos raios caídos producíronse a partir das 16,00 horas. As comarcas do Carballiño, Ribeiro e O Deza foron as zonas onde máis se percibiron estes fenómenos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2021 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou máis de 1.000 raios no que vai dun martes marcado polas treboadas que afectaron ao interior da comunidade, especialmente na provincia de Ourense.

Os medidores de Metogalicia captaran ata as 19,45 horas do martes un total de 1.029 raios caídos sobre a xeografía galega, que viviu treboadas en puntos do interior que deixaron fortes choivas e sarabia.

A maioría dos raios caídos producíronse a partir das 16,00 horas. As comarcas do Carballiño, Ribeiro e O Deza foron as zonas onde máis se percibiron estes fenómenos.

Ademais de carga eléctrica, as treboadas viñeron acompañadas de fortes chuvascos que, nalgúns puntos, deixaron tamén sarabia.

Ese foi o caso da capital da provincia de Ourense, onde caeron máis de 25 litros por metro cadrado de auga.

Treboada con sarabia en Ourense
Treboada con sarabia en Ourense | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta