Galicia segue tendo 10.810 traballadores en ERTE

A maioría dos traballadores protexidos pertence á hostalaría (servizo de comida e bebidas).

Por Europa Press / Redacción | Vigo | 02/09/2021 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

O número de traballadores en expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) situouse a 31 de agosto en 10.810 peronas, 2.201 menos, segundo informou este xoves o Ministerio de Inclusión Seguridade Social e Migracións.

Por provincias, na comunidade galega, estes traballadores repártense entre os 4.657 da Coruña; 964 de Lugo; 1.406 de Ourense e os 3.783 da de Pontevedra. No conxunto galego, das persoas en ERTE 4.698 son homes e 6.112 mulleres.

A nivel estatal, situouse en 272.190 persoas, o que supón 59.296 traballadores menos que en xullo segundo a data de notificación do expediente e 15.216 menos en función da data na que produce efectos (data de alta).

O Departamento que dirixe José Luís Escrivá explicou que as datas de solicitude do ERTE e a dos seus efectos poden ser distintas debido a que existe unha "certa disparidade" entre a data de notificación e a data de alta. Así, pode ocorrer que unha empresa comunique á Seguridade Social un ERTE para o seu persoal no mes de xuño, aínda que teña efectos nunha data anterior, por exemplo en abril.

En todo caso, o Ministerio destacou que as cifras de traballadores en ERTE asociados ao Covid situáronse en agosto no seu menor nivel desde o inicio da pandemia. Desde maio de 2020, cando 3,6 millóns de traballadores estaban en ERTE, máis do 92% xa o abandonaron.

HOSTALARÍA E HOTEIS

Existe unha importante concentración sectorial dos traballadores protexidos por ERTE, pois un 24% dos traballadores protexidos pertence á hostalaría (servizo de comida e bebidas), con 65.373 afectados por ERTE, segundo os datos estatais.

Esta actividade, xunto cos servizos de aloxamento, concentran o 38% dos traballadores en ERTE. En concreto, os servizos de aloxamento teñen a 39.091 traballadores en ERTE, o 14,3% do total de traballadores protexidos por este instrumento.

Terrazas de bares da Coruña o mesmo día en que entran en vigor novas medidas na hostalaría galega, a 8 de maio de 2021, na Coruña, Galicia, (España). Tras o fin do estado de alarma, a partir das 00.00 do día 9 de maio. M. Dylan - Europa Press
Terrazas de bares da Coruña o mesmo día en que entran en vigor novas medidas na hostalaría galega, a 8 de maio de 2021, na Coruña, Galicia, (España). Tras o fin do estado de alarma, a partir das 00.00 do día 9 de maio. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta