Só o 27% das novas empresas creadas en agosto teñen mulleres como socias

Constituíronse case 250 sociedades mercantís en agosto en Galicia, 81 menos que en xullo.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 03/09/2021 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

As sociedades mercantís constituídas en agosto en Galicia alcanzaron as 249, 81 menos que en xullo e 11 menos que o mesmo mes do ano anterior, segundo os datos publicados este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE). O capital medio subscrito ascendeu a 82.353,83 euros por sociedade.

O mes pasado ampliaron o seu capital social 77 sociedades mercantís. O capital ampliado por estas sociedades ascendeu a 20,24 millóns de euros. Con respecto ao mesmo mes do ano pasado, ampliou capital unha sociedade máis que as rexistradas hai 12 meses.

Como en meses precedentes, as provincias da Coruña e Pontevedra rexistraron o maior número de constitucións, co 42,74% das sociedades mercantís creadas no primeiro caso e o 39,92% no segundo. O 7,66% das novas empresas constituídas fixou a súa sede na provincia de Lugo e o outro 9,68% restante na provincia de Ourense.

Case todas as empresas constituídas en agosto en Galicia adoptaron a forma de sociedades de responsabilidade limitada. O capital medio subscrito por este tipo de sociedades foi de 83.313,24 euros por empresa.

O 19,76% das empresas creadas pertencen á rama do comercio. As seguintes actividades en importancia son de actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros (14,11%); hostalaría (12,90%), construción (12,10%) e industria e enerxía (ambas as co 10,48%).

A presenza do sexo masculino segue sendo maioritaria na creación de empresas, como en meses precedentes: 223 socios (o 73,84% do total) fronte a 79 socias (26,16%). Ademais, as sociedades mercantís creadas adoitan estar compostas por un número de socios moi pequeno, limitado nunha porcentaxe moi elevada das constitucións a unha soa persoa. De feito, en agosto, o 75,81% de foron creadas por un único socio fundador e o 20,16% por dous socios.

DISOLUCIÓNS E REDUCIÓN DE CAPITAL

Por outra banda, o mes pasado disolvéronse 83 sociedades mercantís en Galicia, 20 menos que no mes anterior. Con respecto ao ocorrido hai un ano, o número de disolucións aumentou en 25 unidades.

Un total de 16 reduciron o seu capital social. En agosto, rexistráronse sete procedementos de fusión de sociedades e ningunha escisión. O mes pechou con 15 sociedades afectadas por concurso de acredores, tres menos en relación ao ano pasado.

O sector da construción mellora grazas ao aumento da afiliación, os contratos e as empresas. OBSERVATORIO INDUSTRIAL DA CONSTRUCIÓN
O sector da construción mellora grazas ao aumento da afiliación, os contratos e as empresas. OBSERVATORIO INDUSTRIAL DA CONSTRUCIÓN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta