Comeza a remitir a quinta onda da pandemia en Galicia

Os novos contaxios baixan dos 300 casos e a taxa de positividade sitúase por baixo do 5%. As infeccións activas superan lixeiramente os 6.000 casos e a presión hospitalaria volve baixar, con cinco hospitalizados menos.

Por E.P. | Compostela | 05/09/2021 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

Os datos de evolución da covid publicados este domingo pola Consellería de Sanidade reflicten que, en termos xerais, os indicadores sinalan cara á estabilización da pandemia en Galicia. Os novos contaxios non superan os 300 e a taxa de positividade das PCR (o número de positivos por cada 100 probas realizadas) volve estar por baixo do límite do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

Ademais, os casos activos baixan ata as 6.116 infeccións e a presión hospitalaria descende ao rexistrar cinco hospitalizados menos nas últimas 24 horas, co que son 151 os hospitalizados en planta e 46 en críticos nos hospitais galegos.

Así, segundo eses datos (que reflicten información solicitada ata as 18,00 horas do sábado), nas últimas 24 horas rexistráronse 51 novos contaxios na área sanitaria da Coruña, 45 na área de Lugo, 41 na área de Santiago, 26 na área de Vigo, 23 na área de Ourense, 6 na área Sanitaria de Ferrol e 14 contagios novos na área de Pontevedra .

Tendo en conta estes contagios e as últimas altas epidemiolóxicas (715), o número de casos activos de Covid en Galicia sitúase en 6.116, 512 casos menos que hai un día. Así, os casos activos descenden en todas as áreas. Deste xeito, A Coruña continúa á cabeza da relación de casos activos, con 1.516 (100 menos); seguida pola área de Lugo, con 1.243 casos (72 menos); e pola de Santiago, con 1.132 infeccións (96 menos).

A área de Vigo rexistra 909 infeccións, tras recibir o alta 90 persoas; na de Ourense hai 593 casos (53 menos); na de Pontevedra hai 371 casos (58 menos); e na de Ferrol son 352 infeccións activas (43 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión hospitalaria, nas últimas horas contabilizáronse 46 pacientes en UCI (dúas menos nas últimas 24 horas) e 151 hospitalizados en unidades convencionais (tres menos).

Por áreas, a carga asistencial baixa en parte das zonas sanitarias. As baixadas máis pronunciadas rexístranse na de Lugo, hai 24 pacientes en unidades convencionais (seis menos) e catro en UCI (un máis); e na de Vigo, onde hai 23 hospitalizados en planta (dúas menos) e oito en críticos (tres menos). Tamén baixa na área coruñesa, que mantén 38 camas ocupadas en planta pero conta con 13 en UCI (unha menos).

A área de Santiago, pola súa banda, continúa por terceiro día consecutivo con 17 hospitalizados en unidades convencionais e catro en críticos.

A cara máis negativa preséntana as áreas de Ferrol, Pontevedra e Ourense. Na ferrolá, aínda que hai un hospitalizado menos en UCI, hai 20 camas ocupadas en unidades convencionais (catro mais); na de Pontevedra tamén sobe levemente, cun paciente máis en planta (10) e un máis en UCI (4). A mesma liña segue Ourense, que mantén a 19 hospitalizados en planta, pero conta cun máis en críticos (7).

Dous traballadores conversan na porta da residencia das Gándaras, a maior da provincia de Lugo,a 17 de agosto de 2021.. Carlos Castro - Europa Press
Dous traballadores conversan na porta da residencia das Gándaras, a maior da provincia de Lugo,a 17 de agosto de 2021.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta