Ferido grave outro motorista nun accidente en Coirós

Os feitos tiveron lugar na antiga N-V sobre as 19,30 horas deste domingo.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/09/2021 | Actualizada ás 10:33

Comparte esta noticia

O condutor dunha motocicleta foi trasladado ao hospital tras resultar ferido de consideración ao caer do vehículo no que circulaba en Coirós. Este accidente súmase ao doutro motorista accidentado durante a fin de semana.

Segundo detallou o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar na antiga N-V sobre as 19,30 horas deste domingo, cando un particular contactou co servizo de atención ás emerxencias para alertar do accidente.

Posteriormente, os xestores informaron da situación a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para prestar asistencia ao motorista ante a gravidade das feridas que presentaba.

Finalmente, este home foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). Ademais, o operativo contou coa colaboración de axentes da Garda Civil de Tráfico e bombeiros de Betanzos (A Coruña).

Moto accidentada
Moto accidentada | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta