O Festival de Cans ofertará en liña 15 curtas da súa última edición entre este xoves e o domingo

A iniciativa xurdiu o ano pasado como consecuencia das reducións de aforamento impostas pola pandemia.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 07/09/2021 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

O Festival de Cans ofertará 'en liña', entre este xoves e o domingo, as 15 curtametraxes que participaron na competición oficial da súa 18º edición. Segundo informa a organización, trátase do proxecto 'Cans En liña', que ofrecerá os proxectos en catro bloques en total. Ver cada un deles custará dous euros, aínda que tamén haberá un abono de cinco que supón un desconto de case un 40 por cento. O diñeiro recadado repartirase entre as curtas participantes.

Trátase do segundo ano que o Festival de Cans ofrece esta edición en Internet, concretamente a traves da súa páxina web e co soporte tecnolóxico da plataforma 'Vimeo'. A iniciativa xurdiu o ano pasado como consecuencia das reducións de aforamento impostas pola pandemia.

As obras estarán dispoñibles desde o xoves ás 18,00 horas e ata o domingo a medianoite. As películas están subtituladas en castelán para facilitar o acceso do público hispanofablante, xa que a maioría foron rodadas en galego.

Festival de Cans
Festival de Cans | Fonte: Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta