As caricaturas de Siro López son xa parte do patrimonio galego

O caricaturista doa os seus fondos artísticos con 40 anos de caricaturas políticas que estarán nunha exposición no Parlamento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2021 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

Máis de 1.500 orixinais do caricaturista e xornalista Siro López, que formou parte do persoal de 'La Voz de Galicia' aínda que tamén traballou para varios medios, incorporáronse aos fondos artísticos do Parlamento de Galicia que inaugura, este venres, unha exposición coas tiras que ilustran máis de 40 anos de autonomía de Galicia, efeméride que se cumpre este 2021.

"A miña xubilación prodúcese hoxe, aquí, e non pode haber unha xubilación máis xubilosa", proclamou nun breve e emotivo discurso Siro López, protagonista do acto, cuxo "talento creativo, fina intelixencia e profunda bonhomía" destacou o presidente da Cámara galega, Miguel Santalices na súa intervención.

Pola súa banda, o xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, agradeceu que doase toda "a obra da súa vida" a Galicia, un "pórtico autonómico", proclamou, no que "os protagonistas quedan dialogando para sempre" nunha "Galicia grata".

Feijóo, que se referiu a a 'xubilación' de Siro López afirmando que "deixa o difícil para o final", porque segue escribindo columnas de opinión, proclamou "Galicia e democracia son sinónimos". "A proba fidedigna de que as liberdades impulsan o benestar e logran que rexurdan o talento, a autoidentificación e o emprendemento", apostilou.

Caricatura de Siro López de Fraga e Beiras no tempo no que mantiveron boas relacións
Caricatura de Siro López de Fraga e Beiras no tempo no que mantiveron boas relacións | Fonte: Siro López

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta