Caballero esixe a Feijóo unha reunión a tres ante unha Xunta "desnortada"

Os socialistas censuran a "confrontación" do presidente galego non só co Goberno español, senón "tamén con Europa".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2021 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, volveu a esixir este sábado ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, unha reunión cos dous grupos da oposición para "conseguir acordos" e "establecer prioridades" para o emprego dos fondos europeos 'Next Generation' ante a súa política "de inercia e de inacción".

Nunha comparecencia fronte á Casa Europa do Parque de Vista Alegre de Santiago en compañía do eurodeputado socialista galego Nicolás González Casares, o líder do PSdeG cualificou de "desnortada, sen rumbo e sen base no país" a selección dos proxectos realizada polo Executivo galego.

"O goberno da Xunta foi incapaz de conseguir acordos e de establecer prioridades para a utilización de fondos europeos. Feijóo dixo que había sete proxectos importantes, despois dixo que eran 106, despois 354 e, posteriormente, foi soltando outros", relatou. Ante todo iso, Caballero reiterou o seu chamamento ao presidente galego para que "non siga perdendo o tempo" e se reúna tanto con el como coa líder do BNG, Ana Pontón, para "abordar o reto da modernización e acordar unha utilización eficiente e óptima dos fondos europeos".

E é que, para o secretario xeral socialista, a Xunta "non di cales son as prioridades" para o emprego destas contías: "Non logra acordos, non fala co grupo parlamentarios, non fala coas alcaldías do país" porque "prefire o conflito e a tensión".

Ademais, Gonzalo Caballero aproveitou para reafirmar o "galeguismo europeísta" que defende o PSdeG. Precisamente, o papel de Galicia en Europa e no mundo será un dos "eixos fundamentais" dunha dos relatorios do próximo Congreso Nacional do partido.

O eurodeputado socialista galego Nicolás González Casares e o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.. PSDEG
O eurodeputado socialista galego Nicolás González Casares e o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta