Denuncian ante Inspección de Traballo agresións por parte de internos no psiquiátrico de Conxo, en Santiago

CIG- Saúde censura a "pasividade e ausencia de medidas" da xerencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2021 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

CIG-Saúde de Compostela denunciou ante Inspección de Traballo diversas agresións por parte de internos rexistrados no hospital psiquiátrico de Conxo, en Santiago. Nun comunicado, o sindicato censura a "pasividade e ausencia de medidas" da xerencia ante estes "reiterados accidentes por situación de violencia".

A unidade de atención especializada de Conxo conta con "unha serie de deficiencias estruturais e de carencia de sistemas de seguridade" que arrastra desde hai anos, segundo lamenta.

Na información remitida pola dirección para a reunión do comité de seguridade do pasado mes de xuño, recóllese que oito dos 33 episodios de violencia rexistrados na área sanitaria correspóndense con esta unidade de Conxo, o 24% das agresións, indica a CIG.

Entre os problemas estruturais, apuntan a: a necesidade de cambiar as portas do baño, que favorecen o "atrincheramento" de pacientes; a limpeza do patio interior; a substitución de camas por unhas seguras e ancoradas ao chan; así como cambios de xanelas porque as actuais filtran auga e non son de elementos irrompibles, entre outros.

Tamén lamenta a CIG que o sistema de alerta de agresións non funciona e falta un plan funcional da unidade que garantan os estándares de calidade. Demanda protocolos para pacientes reincidentes e de especial agresividade, plans de formación e tratamentos individualizados.

Hospital psiquiátrico de Conxo, en Compostela.
Hospital psiquiátrico de Conxo, en Compostela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta