As residencias galegas baixan a 63 casos tras dúas altas e un falecemento

Máis do 90% dos casos están concentrados na DomusVi Monforte.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2021 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

Os casos de Covid-19 en residencias de maiores do conxunto de Galicia descenden a 63, tres menos que a xornada anterior, tras negativizar dous infectados e o falecemento dun residente en Lugo. Segundo informou a Consellería de Política Social este xoves, saen da lista por negativizar dous usuarios da residencia García Hermanos de Betanzos. A iso engádese a morte dun home duns 89 anos de idade ingresado no HULA, procedente da Residencia As Gándaras de Lugo.

Deste xeito, a residencia DomusVi Monforte, que conta cun brote, mantense con 59 casos de Covid; hai tres na residencia do Bolo e un na residencia e apartamentos San Vitorio de Baralla. Pola súa banda, os centros de atención a persoas con discapacidade seguen sen casos de Covid, despois de recibir a alta o último usuario afectado a pasada semana.

Dous anciáns pasean fronte á residencia das Gándaras, a maior de Lugo, despois de contabilizar un total de 49 positivos, a 17 de agosto de 2021
Dous anciáns pasean fronte á residencia das Gándaras, a maior de Lugo, despois de contabilizar un total de 49 positivos, a 17 de agosto de 2021 | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta