Advirten da falta de docentes en listas de substitución para algunhas especialidades do sistema educativo galego

Por E.P. | Santiago de Compostela | 20/09/2021 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

A falta de docentes nas listaxes de substitutos está a provocar un esgotamento das listas en determinadas especialidades do sistema educativo galego.

Alumna escribe con xiz nunha lousa
Alumna escribe con xiz nunha lousa | Fonte: Xunta de Galicia.

O sindicato CIG detectou este problema en disciplinas como 'Francés' en educación primaria, 'Portugués' en secundaria ou 'Procesos de Produtos e Artes Gráficas' en formación profesional.

É por iso que a central nacionalista se dirixiu á Consellería de Cultura, Educación e Universidade para trasladarlle a necesidade de actualizar as diferentes listaxes en todas as especialidades con aquelas persoas que non superaron o proceso selectivo de acceso aos corpos docentes.

En concreto, a CIG insta á administración a adoptar medidas "inmediatamente" co fin de "evitar problemas de cobertura das substitucións", polo menos nas especialidades máis afectadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta