A Federación Ecoloxista Galega, 30 anos de loita e activismo polo ambiente en Galicia

"Con esta xornada de celebración preténdese o recoñecemento das persoas e colectivos, das loitas gañadas", din os organizadores.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/09/2021 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

En 1990 nacía a Federación Ecoloxista Galega (FEG), pero xa viña dun percorrido recoñecido como Asemblea de Grupos Ecoloxistas e Naturalistas de Galiza (AGENG). Por iso, e tras a pandemia, a FEG quere celebrar este sábado en Santiago estes anos de activismo e loita polo ambiente coa celebración dos 30 + 5 anos, en recoñecemento a toda a historia do movemento ecoloxista galego.

Protesta contra os parques eólicos da Federación Ecoloxista Galega
Protesta contra os parques eólicos da Federación Ecoloxista Galega | Fonte: FB FEG

Unha data sinalada para que non fique no esquecemento e que, a súa vez, sirva para coller folgos nun camiño mais longo se cabe”, apuntan desde a organización. A defensa do territorio, a conservación da biodiversidade, a educación ambiental, a voz nos órganos consultivos da administración, as accións reivindicativas de loita ambiental, foron e son as principais accións que se desde o nacemento da FEG.

“Con esta xornada de celebración preténdese o recoñecemento das persoas e colectivos, das loitas gañadas (e tamén das que foron, canto menos, loitadas),  dos momentos mais simbólicos, do traballo conxunto entre colectivos de diferentes puntos do país con un fío común: a ecoloxía”, engaden.

Os actos comezarán ás 10.45 no CS Don Bosco, de Santiago e, ademais de mesas redonda sobre o papel do ecoloxismo na transición ecolóxica e emerxencia climática, haberá charlas, palestras e vídeos sobre os 30 anos da loita ecoloxista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta