Bruxelas expedienta a España pola extensión da concesión da AP-9 que fixo Rajoy

Bruxelas di que o Goberno español ten dous meses para contestar ás dúbidas expostas. Feijóo lembra que a concesión se ampliou con gobernos do PSOE e do PP e Ana Pontón (BNG) chama o Estado a "poñer fin" ás peaxes ante a "estafa" da prórroga.

Por Europa Press / Redacción | Vigo | 23/09/2021 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

A Comisión Europea anunciou este xoves a apertura dun expediente a España pola extensión da concesión da autoestrada AP-9, en Galicia, sen lanzar unha licitación pública tal e como fixo o Goberno central de Aznar, no que estaba Mariano Rajoy. Previamente, tamén o fixera o goberno socialista de Felipe González.

Bruxelas enviou unha carta ás autoridades españolas para asegurarse da correcta aplicación da regulación europea na concesión de contratos, ao considerar que España, do mesmo xeito que Italia, non cumpriu coas súas obrigas nesta materia.

En concreto, pon o foco sobre a extensión do contrato da AP-9 que conecta Ferrol coa fronteira hispanolusa. No caso de Italia, o Executivo europeo sinala un episodio similar coa autoestrada na provincia de Livorno.

Agora as autoridades españolas teñen dous meses para contestar as dúbidas expostas por Bruxelas, en caso de non responder satisfactoriamente, o Executivo comunitario podería enviar un ditame motivado e, como último paso, mandar a España ao Tribunal de Xustiza da UE.

Autoestrada AP-9, na entrada á ponte de Rande / Europa Press.  / Europa Press
Autoestrada AP-9, na entrada á ponte de Rande / Europa Press. / Europa Press

FEIJÓO

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao ser preguntado por esta decisión da Comisión Europea, lembrou que a concesión da Autoestrada do Atlántico, a AP-9, se ampliou en dúas ocasións, unha por parte dun goberno socialista e outra por parte dun executivo do PP, e que "en ningunha das dúas ocasións saíu a concurso".

O máximo mandatario autonómico, que no momento da pregunta asegurou descoñecer o expediente, incidiu en que houbo dúas ampliacións do prazo concesional. "Unha feita por un goberno socialista para facer gratuíto o tramo Rande-Puxeiros e outra do PP para facer gratuíto o tramo Fene-Ferrol", lembrou Feijóo, que incide en que "en ningunha das dúas ocasións saíu a concurso".

Dito isto, sinalou que, se hai un expediente, "o Goberno de España terá que responder a ese expediente e motivar por que fixo isto a Administración central, tanto estivese a gobernar o PSOE ou o PP".

ANA PONTÓN

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, afirma que "a Comisión Europea pon o foco en que a ampliación da concesión da AP-9 é unha estafa e a reacción do Estado debe ser porlle fin e acabar coas peaxes". O Bloque valora como "unha oportunidade" esta resolución "que declara ilegal a ampliación", pois "marca o camiño para acabar con esa ampliación e permitir a recuperación da autoestrada".

Nun comunicado, expresa que esta comunicación "tamén pon en dúbida a legalidade das peaxes cobradas durante as sucesivas ampliacións realizadas tanto por gobernos do PP como do PSOE". E é que incide en que, de non producirse, habería unha AP-9 "libre de peaxes desde 2015 en lugar de ter que seguir pagando ata 2048".

Igualmente, Pontón chama a atención sobre que "a maior parte das autoestradas coetáneas da AP-9 xa están libres de peaxes ou están a piques de caducar", mentres que Galicia sofre estas peaxes polo "agasallo" das ampliacións de PP e PSOE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 Gamela

Se o muro de pago de LVG volo permite aquí podedes escoitar as declaracións da Asociación En Colectivo sobre o asunto: https://www.lavozdegalicia.es/notic... Diga o que diga Casimiro eu iría buscando as facturas da AP9 enviadas por Abanca (outra ladroa) dende o ano 2012 por se acaso lles fan falta para apoiar a Reclamación Colectiva !

2 Gamela

O caso é que foi unha humilde Asociación de Consumidores da Sociedade Civil, e non foi nin o BNG-UPG, nin PSdG, nin PPdG quen logrou sentar ao Estado Prevaricador ante a Xustiza Europea ! É moi curioso ver que toda esta tropa que agora pretende monopolizar o tema non fixeron absolutamente nada para solucionar esta estafa programada polo Estado. Asociación En Colectivo sostén un lema moi simple na súa web: "Juntos nos hacemos más fuertes!" Noraboa por un traballo ben feito: https://en-colectivo.com

1 Riolo

Tienes razón. Y tampoco llevan estrellas rojas, ni tienen liberados sindicales, ni ponen sus escritos en gallego. Muy significativo

2 Casimiro

Gamela sempre igual, difunde un 'modelo' asociativo sen preguntar que hai detrás. E o inocente Pocholo, de raza franquista, aplaude! Pois igual defenden os negócios do aparato de propaganda de Feixoo: https://xornalgalicia.com/galicia/r... O chiringuito como modelo e os aplaudidores!

3 Gamela

Agradécese a información Casimiro ! Pero así de pronto o que se pode ler é que a axencia "podría estar detrás de una campaña sucia contra el PSdeG" (podería) e se estivera detrás dunha campaña contra o PSOE en Vigo non sería mala cousa, pois xa sabes que levamos 10 anos aturando o programa "Vigo de Cerca" en TeleVigo (3 veces por semana) no que Abel despotrica sen límite contra a Xunta e contra Feijoo ! E como podes comprobar son os primeiros en censurar calquera disidencia nas redes sociais... https://twitter.com/00Gamela De todos xeitos seguirei pescudando na túa información, que non quita para que foran eles https://en-colectivo.com/ os que lograron a resolución da Comisión Europea pola AP9 ! A min o PSdG nunca me solucionou nada non sei se tí estarás na nómina deles, pero dame igual, o asunto de fondo é outro ! Agradécese igualmente a Información !

4 Casimiro

Gamela, non te confundas, non defendo ao PsoE e moito menos ao impresentable que votan por maioria en Vigo (o problema non é do figura, nin da família, nin do partido falsário: o grave problema é da ampla maioria dos teus veciños e veciñas). Repara no modelo de asociación que aplaudes, quen está detrás, e que Pocholo te parabeniza... E logo direiche a quen ti, querendo ou sen querer, serves!

5 Gamela

Casimiro, por máis voltas que lle dou (non logro descargar os pdf do xornalgalicia) e alégrame saber que non vés de parte de Abel & Carmela pero que eu saiba non "servo" a ninguén e menos ao PP. Se esta denuncia ante a Comisión Europea prospera e os galegos deixamos de pagar a AP9 grazas a eles: teríamos que facerlles un monumento ! Outra cousa máis complicada é iso de botarlle a culpa aos viciños de Vigo por votar Abel, é o mesmo que botarlle a culpa aos galegos cando perde o BNG ! Así non son as cousas de simples. Pero agradecido polo AVISO !

1 Adomaino

Unha estafa, esa é a palabra. Pero unha estafa está feita por estafadores e son eles os que deben ir á cadea e non ser nós os que paguemos cando condenen a España coma Goberno pola estafa, porque porán unha multa que non pagará Feijóo nin Rajoy