Feijóo afirma que en "todos os hospitais de Galicia" se cumpre a Lei de Aborto

O presidente da Xunta detallou que Galicia conta na área sanitaria de Vigo cun centro específico para interrupcións do embarazo de alto risco, superiores a 14 semanas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2021 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este xoves que en todos os hospitais de Galicia está a cumprirse a lei do aborto vixente en España. "En calquera hospital do Sergas, calquera médico que non sexa obxector de conciencia, está a realizar abortos con normalidade", sinalou.

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno, o máximo mandatario autonómico lembrou que unha das cuestións que concreta esta norma é o dereito á obxección de conciencia por parte dos xinecólogos ás prácticas abortivas.

"Por tanto, a todos aqueles xinecólogos que acreditan conforme á lei a súa obxección de conciencia, ninguén lle pode obrigar a facer unha práctica abortiva en ningún lugar de España", sinalou antes de incidir en que, o resto, "realizan os abortos de acordo coa lei".

"A lei aquí estase cumprindo. Se temos moitos obxectores nun hospital seguro que temos menos práctica abortiva pero ningún responsable sanitario pode obrigar a un xinecólogo a practicar un aborto. Iso é ilegal", sinalou.

"Por tanto", apuntou, "cumpramos a lei". "Os que teñen dereito a esa interrupción e os que teñen dereito a non practicar", manifestou para asegurar que este "difícil equilibrio" é o que os leva a "cumprir a lei en todos os hospitais de Galicia".

UNIDADE DE REFERENCIA

Na súa intervención, o presidente da Xunta detallou que Galicia conta na área sanitaria de Vigo cun centro específico para interrupcións do embarazo de alto risco, superiores a 14 semanas. "Iso está consensuado e aí van todas as mulleres que estean neses supostos", indicou.

"En calquera hospital do Sergas, calquera médico que non sexa objetor de conciencia está a realizar abortos con normalidade. Abortos complexos, superiores a 14 semanas, por malformación do feto, porque pon en risco a saúde da nai ou outros supostos, fíxose un protocolo no Sergas e hai unha unidade específica para preservar a saúde da nai na práctica abortiva", precisou.A reforma da Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Universitario de Ourense recibiu luz verde por parte da Xunta, que investirá 9,5 millóns de euros nunhas obras que triplicarán o espazo actual dos servizos de atención a pacientes críticas.

A obra, que foi autorizada polo Goberno galego na súa reunión semanal celebrada este xoves, ten un prazo de execución de 21 meses e constará da ampliación da unidade dentro da cuarta planta do Edificio Cristal do complexo hospitalario.

Segundo explica a Administración autonómica, o proxecto contempla a adecuación de tres módulos que contarán cos seus respectivos espazos asistenciais e administrativos de apoio. O obxectivo é adaptar a unidade de críticos do CHUO aos requirimentos da UCI en cuestións como a dimensión dos postos, a configuración dos espazos, a climatización ou a conservación.

A Xunta resalta a "alta complexidade" dunhas obras que se desenvolverán no "núcleo" do complexo, onde se asintan as unidades de UCI e reanimación. Ademais da localización, tamén apunta ás condicións nas que levará a cabo en asuntos como a súa funcionalidade ou a súa esixencia técnica, xa que deberá atender á "especial climatización" dos espazos e actuarase sobre as fachadas.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello. XUNTA / ANA VARELA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello. XUNTA / ANA VARELA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta