Un podcast con 50 participantes que tenta captar novo público en galego

'Os incurábeis' é unha iniciativa de son Radiofusión na que se adaptou a novela negra de Antonio Tizón.

Por Galicia Confidencial | Fene | 25/09/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Máis de 50 persoas participaron no podcast “Os Incurábeis” unha iniciativa de Son Radiofusión que forma parte do proxecto "O meu libro" de captación de novos públicos para a literatura galega.

O deputado de Cultura Xurxo Couto, xunto ao escritor Antonio Tizón e o director Aser Álvarez, na presentación do proxecto multimedia 'Non hai espellos nos manicomios',. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O deputado de Cultura Xurxo Couto, xunto ao escritor Antonio Tizón e o director Aser Álvarez, na presentación do proxecto multimedia 'Non hai espellos nos manicomios',. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Trátase da primeira obra da literatura galega -a novela negra de Antonio Tizón publicada por Xerais en outubro de 2020- adaptada ao podcast, un formato de éxito desde que a BBC apostou en 2004 por este tipo de programas. O “Serial” de Sarah Koenig, producido para unha radio local en Estados Unidos de América en 2014, e que logrou máis de 70 millóns de oíntes, tamén é un referente para esta "superprodución" galega con 88 capítulos de 12 minutos de duración cada un. 

“Como Alvaro Cunqueiro queremos crear un retablo de xentes irmandadas no gozo vital, coa carga de humor de convén ao feito de vivir” sinalou o secretario de Son Radiofusión Henrique Sanfiz, que destaca a vontade de continuidade da produción e que o grupo de teatro ou cadro dramático da entidade pasa a denominarse “Merlín e familia”. 

O escritor Antonio Tizón enmarca “Os Incurábeis” nunha saga que terá continuidade en 2022 con “Lobos doentes”. Explicou a utilización da “novela negra” para describir o ambiente social e político do cambio de século en Galicia pero tamén para abordar o padecemento das doenzas mentais.

A directora do podcast Eugenia Sanmartín gaba o labor dos actores e actrices e de numerosas persoas colaboradoras coa iniciativa. No podcast, Miro Casabella interpreta a canción “Os Incurábeis” musicada por él mesmo  a partir dun poema do escritor arxentino Pedro Bonifacio Palacios “Almafuerte” (Siete sonetos medicinales).

A trama da novela comeza co asasinato dunha muller na Coruña. O inspector Sánchez Pereiro investiga o caso que se vai desenvolvendo en distintas localizacións do barrio dos Castros. A corrupción política e tamén o padecemento causado polas doenzas mentais aparecen nunha obra adaptada para o podcast polo mesmo Antonio Tizón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta