Denuncian a emanción de gases tóxicos da planta de residuos de Touro

Ecoloxistas en Acción e a asociación Cheiros Non esixen as administracións públicas que instalen unha estación medidora da calidade do aire.

Por Galicia Confidencial | Touro | 25/09/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A planta de tratamento de residuos ubicada no concello de Touro, nos terreos da antigua mina, sigue a ser motivo de controversia. Segundo denuncia Ecoloxistas en Acción, "continúan as queixas polo mal estar da veciñanza que vive máis perto das instalacións de dita planta de residuos" polo incumplimento da Autorización Ambiental Integrada ante os reiterados episodios de emanacións tóxicas. 

Críticas polos malos cheiros da planta de residuos de Touro
Críticas polos malos cheiros da planta de residuos de Touro | Fonte: Ecoloxistas en Acción

"Son uns cheiros nauseabundos que se producen a diario e a calquera hora do día mermando a calidade de vida da poboación e impedindo desenvolver unha vida con normalidade, xa que as veciñas e veciños teñen que refuxiarse nas súas casas para fuxir destas emanacións", critican os ecoloxistas.

Lembran que o concello recibiu "a cotío" estas queixas e denuncias por escrito e verbalmente, pero a única medida que adopta, din, "é dar traslado das mesmas directamente á empresa TEN "sen asumir as súas competencias ante o sistemático incumprimento da aurorización ambiental". Ademáis, denuncian, o fan obviando a lei de protección de datos de carácter persoal, xa que sen ningún miramento facilita datos protexidos a esta empresa privada.

"A pesar das reiteradas queixas e de que a asociación Cheiros Non reuniuse coa xefatura da Consellería de Medio Ambiente por este motivo, a administración galega tampouco actuou en amparo da veciñanza", engaden. Ecoloxistas en Acción ten solicitado en reiteradas ocasións a Medio Ambiente que tomara medidas urxentes para que a planta de residuos cumpla a autorización ambiental integrada.

A entidade denuncia que sen o amparo das administracións a veciñanza afectada atópase en mans da empresa TEN quen fai caso omiso das queixas escudándose en que os malos cheiros son endémicos da zona e non procedentes das moreas de residuos e lodos sen tratar axeitadamente acumulados nas instalacións da empresa.  Nos informes aportados pola empresa constátanse valores de amoníaco na Cruz de Méndez e en Tribás, con cambios ao longo do día de xeito continuado de maior e menor intensidade. "Pero TEN limítase a ofrecer os seus datos de medición de olores indicando os que lles salen dentro dos límites, sin que se coñeza o alcance e os efectos que sobre a saúde", engaden.

Por iso, Ecoloxistas en Acción e a asociación Cheiros Non esixen as administracións públicas que instalen unha estación medidora da calidade do aire nas inmediacións da planta de residuos para determinar a que sustancias tóxicas, como o amoníaco, se está expoñendo a veciñanza e averiuar así a afección á saúde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta