A investigación policial do Caso Samuel podería pecharse en breve tras a detención dun séptimo implicado

O delgado do Goberno asegura que se podería poñer fin a ela "ao longo da mañá de hoxe".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2021 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

O último detido pola morte de Samuel Luiz é un mozo amigo doutros arrestados, segundo confirmou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, a preguntas dos xornalistas coincidindo coa súa presenza nun acto en Carballo. Miñones explicou que a detención se produciu o martes "como coautor da brutal malleira", indicou tras o pase a disposición xudicial do mesmo este mércores.

Ademais, precisou que é amigo doutros dos detidos e que non coñecía á vítima previamente aos feitos, ocorridos na madrugada do 3 de xullo no paseo marítimo coruñés.

PECHE DA INVESTIGACIÓN

O delegado do Goberno, que volveu a agradecer o traballo da Policía Nacional e que atribuíu esta detención á investigación dos últimos meses, non descartou que se poida proceder a pechar a investigación, unha vez entregado ao xulgado a documentación complementaria sobre o envorcado de datos dos móbiles dos detidos.

Esta entrega produciuse este mércores. "Con iso esperamos que se poida pechar a investigación", aínda que matizou que polo momento a mesma segue aberta. Así o dixo ao ser preguntado se non haberá entón máis detencións. "A Policía fixo o seu traballo, estamos a expensas do que diga o xuíz", manifestou Miñones, que engadiu que cando o xulgado o diga procederán ao peche da investigación.

"A previsión é poder pechala ao longo da mañá de hoxe", afirmou, condicionado isto a que se poida producir nas próximas horas "algún acontecemento máis". Neste contexto, apelou á "prudencia". "Axiña que que nos digan que podemos pechar a investigación quedará en mans do xuíz para dar continuidade ao procedemento xudicial", engadiu.

Un dos acusados polo crime de Samuel Luiz chega ao xulgado da Coruña
Un dos acusados polo crime de Samuel Luiz chega ao xulgado da Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta