O PP pide ao Goberno que manteñan os bancos no rural tras deixar pasar o peche de oficinas de Abanca

Demandan un estudo para crear unha normativa "que regule a prestación universal de servizos financeiros" co foco no rural.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2021 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

O Parlamento galego pediu, unicamente cos votos do PP e ante a abstención de BNG e PSOE, un plan estatal contra a exclusión financeira. A iniciativa tamén reclama ao Goberno central, en colaboración co Banco de España e a CNMC, un estudo sobre a situación do mercado financeiro en España desde o punto de vista da concentración bancaria, da competencia e do acceso aos servizos financeiros, "especialmente nas zonas rurais, e as súas consecuencias no seu desenvolvemento económico e social".

Feijóo conversa con Alfonso Rueda no Parlamento.. ANA VARELA
Feijóo conversa con Alfonso Rueda no Parlamento.. ANA VARELA | Fonte: XUNTA

A petición chega pouco despois de que o PP votara en contra  dunha iniciativa do BNG, apoiada polo PSdeG, que pedía á Xunta actuar para evitar o peche dunha oficina de Abanca en San Valentín, no Concello de Fene, así como exercer as súas competencias exclusivas en materia de consumo para garantir que a entidade financeira preste servizos de calidade, en especial á poboación máis vulnerable

Entre estas medidas que agora demandan os populares "estaría a de impulsar unha normativa que regule a prestación universal de servizos financeiros básicos ou esenciais, de forma que se garanta a súa prestación para todos os usuarios, con independencia do seu lugar de residencia, cunha calidade determinada e a un prezo alcanzable", apunta o texto.

DEBATE

No debate da proposición non de lei, na sesión do martes do pleno, a popular Sandra Vázquez lamentou que o peche de oficinas "dificulta o acceso" aos servizos financeiros. Na súa quenda, a nacionalista Noa Presas viu "inaudito que coa que está a caer e a de debates" a este respecto, o PPdeG traia agora este asunto "a estas alturas da partida", e sospeitou que ten que ver coa súa vontade de "lavar a conciencia".

En canto ao comportamento da Xunta, reprochou que "primeiro estiveron sen facer nada" e "despois foi peor porque decidiron actuar" e "o que faltaba é (...) unha orde de subvencións para darlle diñeiro á banca para que instale caixeiros", algo que, avisou, "tivo un efecto chamada" e materializouse con peche de sucursais.

Pola súa banda, o socialista Juan Carlos Francisco Rivera tamén censurou que o PP "repita" iniciativas que xa levou a oposición á Cámara e atribuíu esta proposta á intención do grupo maioritario de "blanquear a inacción política da Xunta na resolución dun tema que afecta a miles de galegos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta