Críticas ao protocolo da Xunta para a hostalaría: "noutras comunidades pechan tres horas máis tarde"

Ascega rexeita "frontalmente" as normas da Xunta e piden que lles deixen traballar en horario normal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2021 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

A Asociación de Emprendedores de Galicia (Ascega) rexeita "frontalmente" o protocolo da Xunta para a hostalaría, xa que ao seu xuízo supón "unha volta atrás", mentres que no resto de comunidades e de Europa se levantan as restricións.

"Están a liberar todo, acabando coas limitacións, excepto a distancia de seguridade e as máscaras", apuntou o vogal da entidade, Diego Lis, quen recriminou que o Goberno galego "impón cursos de formación e volver aos rexistros". "Somos o único sector que temos obrigatoriedade de cumprir isto. Sorpréndenos bastante que no final da pandemia volvamos para atrás", reprocha.

Así, pediu que lles deixen "traballar dentro dos horarios das licenzas de cada local". Respecto diso, lembraron que os restaurantes seguen pechando ás 1,00 horas e os locais de lecer ás 3,00 horas (que co novo protocolo será ás 4,00 horas), mentres que noutras comunidades se fai dúas ou tres horas máis tarde.

Ao seu xuízo, o protocolo covid publicado no DOG a pasada semana está "fóra de lugar" e "non ten ningún sentido" que se realicen formacións a estas alturas da pandemia. "Vannos a explicar agora como é a covid, como pór a máscara ou como facer unha hixiene de mans?", ironizou, antes de indicar que "son cuestións que xa cumpren nos establecementos hostaleiros desde hai un ano".

Con máis do 80% de poboación vacinada e incidencia baixa, o vogal de hostalaría considera que a pandemia en Galicia "terminou", polo que manifesta a "oposición máis absoluta" desta entidade ás medidas da Xunta. "Opómonos frontalmente ao novo protocolo e non entendemos que o asinen as asociacións provinciais do sector", afirmou este hostaleiro, que se pregunta se esas entidades reciben algunha "contraprestación" da Xunta.

Varias persoas na terraza dun bar en Galicia.. M. Dylan - Europa Press
Varias persoas na terraza dun bar en Galicia.. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta