A Confraría da Coruña convoca a Xunta e Estado para reunirse e tratar as axudas pola obra da ría do Burgo

O obxectivo é atopar unha solución para a compensación dos traballadores, posto que o dragado da ría para limpar os residuos tóxicos impedirá que os mariscadores e mariscadoras desarollen a súa actividade durante o tempo que duren as obras, previstas para arrincar a final de ano e que teñen unha duración estimada de 26 meses.

Por E.P. | A CORUÑA | 01/10/2021 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

A Confraría de pescadores da Coruña convocou formalmente a Xunta de Galicia e Administración central a celebrar unha reunión na que abordar as axudas polo impacto das obras de dragado da ría do Brugo.

Anunciouno o patrón maior da Confraría de Pescadores da Coruña, Felipe Canosa, que convocou á conselleira do Mar, Rosa Quintana, ao delegado do Goberno en Galicia, José Miñones e á directora xeral de Costa e Mar, Ana María Oñoro, a manter unha reunión o próximo 19 de outubro.

O obxectivo é atopar unha solución para a compensación dos traballadores, posto que o dragado da ría para limpar os residuos tóxicos impedirá que os mariscadores e mariscadoras desarollen a súa actividade durante o tempo que duren as obras, previstas para arrincar a final de ano e que teñen unha duración estimada de 26 meses.

Segundo trasladou o patrón maior da confraría, Rosa Quintana confirmou a súa asistencia e confía en que Miñones e Oñoro fagan o propio. Espera que se poñan de acordo, xa que "periga o futuro" dos traballadores e da propia entidade.

A confraría considera que se "podería pagar" o que piden os traballadores co diñeiro aforrado na licitación da obra, xa que afirman que hai "un excedente" de 16 millóns de euros. Os beneficiarios destas posibles axudas serían 80 familias e tería un custo que roldaría os 1'2 millóns de euros anuais.

Ría do Burgo. MINISTERIO DE TRANSICIÓN ECOLÓXICA
Ría do Burgo. MINISTERIO DE TRANSICIÓN ECOLÓXICA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta