Líbrese ,sr Rivera, das malas compañías

Albert Rivera tivo a habilidade de crear un partido, que semellaba un antipartido, no que a fin de contas era a translación á política dunha sorte de movemento catalizador do desencanto cidadán co que dáse en chamar “a clase política “. Como se os políticos constituíran, polo feito de selo, unha clase social.

Por Xoan V. Mao | Vigo | 11/02/2014

Comparte esta noticia
O político non é mais que o reflexo da cidadanía. Nalgúns casos profesionalizados. Pero si a cidadanía admite a corrupción, e ate a practica ou se beneficia dela, o político é corrupto. Por iso a corrupción dáse moitísimo menos nos países nórdicos. Porque a mentalidade cidadán con respecto ó estado, é totalmente distinta da dos países, onde- non o esquezamos- naceu a picaresca. En Islandia , por unha situación infinitamente mais pequena do que a NGB, os xestores do sistema financeiro acabaron diante do xuíz. Aquí é o xuíz o que acaba condenado por procesar a un ex presidente dunha Caixa que tivo que ser rescatada con cartos públicos, que nunca se recuperarán. Como dicimos os galegos, éche o que hai.
 
Agora rexeitamos e condenamos o despilfarro publico. Pero si os políticos se lanzaban a tirar os cartos en obras faraónicas era porque daban votos. E si daban votos era porque os cidadáns as querían sen preguntarse de onde se ían pagar. Aínda lembro os ataques que recibín por dicir, ha unha década, que entre Vigo e Porto non precisábamos un AVE senón un tren rápido con paradas intermedias xa que entre as nosas cidades apenas hai 80 km. de distancia , de media, e un tren sen paradas non resolvía o problema da mobilidade. O tempo deunos a razón, aínda que ninguén dos que atacaron o vai recoñecer. Nin falla que fai.
 
Voltando a Albert Rivera, que por sorte non é un líder populista fascista, o exitoso experimento catalán o anima a trasladar o experimento a nivel de todo o estado, animado pola mediocridade dos partidos tradicionais, da súa falla de liderazgo, e dos erros absurdos que esta cometendo un goberno que dista moito de ter o nivel que España necesita, con algunha honrosa excepción, como Ana Pastor. Seica don Albert debería ler aquel libro que marcou tendencia ha 30 anos, e que non perdeu nin un ápice de vixencia: O principio de Peter. Porque o que triúnfa en Cataluña, cando ascende a todo o estado, pode acadar o seu meirande nivel de incompetencia, e acabar en desastre. A pésima costume de tentar mimetizar os modelos dun territorio noutro, e un vello erro derivado de non comprender que España so pode entenderse coma un mosaico plural e heteroxéneo, onde as características de Cataluña non son a mesmas de Galiza por moito que algúns tenten mimetizalas politicamente.
 
Con todo o mais sorprendente é ver quen son os que intentan subirse ó carro de D. Albert Rivera. É obvio que o acto político da Coruña non tiña reservado o dereito de admisión, pero aínda así alguén debería avisarlle de quen é quen neste recuncho. Porque no caso de don Francisco Vázquez, o seu carisma indiscutible como alcalde, non implica en absoluto que a súa praxe política coincida coa que CITATANS promove, al menos sobre o papel. Pero a que é a antítese é a de un determinado individuo que en Vigo coñecemos moi, pero que moi ben, e non precisamente polo bo recordo de que deixara no seu paso polo concello. Individuo que pasou de distribuír panfletos contra o uso do galego , cando formaba parte dunha determinada agrupación coruñesista, a utilizar o nome da formación que mais prestixio deu á denominación “galeguista” ó longo da historia. Seica algúns oiron a Castelao remexerse na sua tumba, daquela.
 
Se aqueles son os compañeiros de viaxe, entón d. Albert, seica é mellor que fique en Cataluña, porque o seu proxecto está condenado ó fracaso e ó oprobio en Galiza. No fondo xa o advertía outro catalán entrañable, Joan Manuel Serrat : “líbrame señor das malas compañías”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA