Todo o que quería saber da Saída Sur e nunca soubo a quen preguntar…

Nos últimos tempos, e probablemente por causa do período preelectoral, vén escoitando moito ruído sobre a Saída Sur de Vigo, con notables inexactitudes. E é que as declaracións dos políticos nas eleccións, son como o berreo dos cervos cando están en celo. Así que, se mo permiten, gustaríame aclarar algunhas ideas.

Por Xoan V. Mao | Vigo | 27/03/2019

Comparte esta noticia
1.- A Saída Sur de Vigo, estaba aprobada, e formaba parte da obra ferroviaria Ferrol-Tui. O ministro socialista de Zapatero, Jose Branco asino a orde para levantar as tuneladoras ao chegar ao barrio de San Lorenzo de Vigo e cancelar as obras da Saída Sur. Esta en o BOE. 
 
2.- O financiamento europeo non depende en absoluto de que se integre ou non no Corredor do Atlántico. Está catalogado como tramo transfronteirizo, polo que o financiamento pódese pedir XA, cando o goberno central queira. Mañá, esta mesma semana ou a próxima. CANDO LLE PETE ao Sr, Ministro de Fomento. Así que deixémonos de manobras de distracción e de falsos choros de plañideiras sociopolíticas.
 
3.- O argumento utilizado por responsables do Ministerio de Fomento de que depende de que Portugal mova ficha, é sinxelamente MENTIRA. E curiosamente é o mesmo argumento que utilizaba outra ex ministra socialista de triste recordo, e imputada no caso dos ERE, Magdalena Álvarez, para parar as obras do tren entre Galicia e Portugal. Dicía publicamente que non avanzaba, porque Portugal non avanzaba, pero en paralelo negáballe a Portugal un acordo sobre o ancho de vía, para que Portugal non avanzase e así ter escusa para non facer nada. Portugal xa ten en obras todo o trazado até a fronteira que estará en servizo no primeiro semestre de 2019, con trens equivalentes ao Alvia español. Entre Lisboa e Coruña, NUNCA HABRA AVE, porque hai unha parada importante cada 30/60 kms. E un AVE ten que acelerar e desacelerar, igual que un avión ten que despegar e aterrar; e en distancias tan curtas, non é posible alcanzar altas velocidades de forma rendible. Así que o argumento do Ministerio español para paralizar a Saída Sur, é un argumento mal intencionado e falso.
 
4.- Vincular o AVE con CERDEDO é, con todo respecto, como vincular un hospital cunha clínica de cirurxía estética. Entre outras cousas porque a variante de CERDEDO nunca se vai a facer, e xa é hora de que alguén diga en público o que todos din en privado, incluíndo moitos dos que aparentemente o promoven, só por conveniencia conxuntural ou pose política. Cando se discuten 400 millóns de euros que custa a Saída Sur, dos que o 50 % achegaríaos a Comisión Europea, ninguén pode crerse que vaian investirse 3.000 millóns por un capricho político, que só busca tapar a vergoña de non ser capaces de poñerse de acordo os que agora o propoñen, cando o AVE ía entrar en “L “ por Vigo cara a Coruña, e un ministro do PP, Álvarez Cascos, decidiu unilateralmente a entrada en “E” desde Santiago. ¿Saben onde estaban entón os próceres que agora o defenden? pelexándose entre eles polo control de Caixanova, da CEP, da Cámara de comercio e do Concello. Eu vivino, non mo contaron.
 
5.- O Sr, Presidente da Xunta, debería ser máis prudente nas súas declaracións e aprobar unha petición oficial ao goberno por parte do Consello de Goberno da Xunta, como fan os vascos, vaia. E como o fixo o Parlamento Galego. Porque durante todos os anos do goberno do seu partido NON ABRIU A BOCA para reclamar a Saída Sur, nin o Corredor do Atlántico. E iso que era o único barón do PP con maioría absoluta, que para o que serviu… É o que se chama o milagre de Pedro Sánchez: os mudos, agora falan. ¡¡¡ E até resucitan o tres tenores!!!
 
6.-Por último, os pseudodirigentes económicos que agora descobren o lobbysmo, e fan chamamentos á presión e a unidade, posiblemente para desviar a atención dos problemas das súas empresas, deberían lembrar o caladiños que estiveron durante o goberno do PP, e mesmo como faltaron a reunións de lobby, como o Cume do Barco de Valdeorras, clamorosamente boicoteada por ordes superiores. Así que deixémonos de tanto ruído e pasemos ao realmente importante: a Saída Sur só necesita dúas actuacións, que poden ser tomadas mañá mesmo: 1)Sacar a Exposición Pública o Estudo Informativo Previo da Saída Sur de Vigo, e 2) solicitar a Bruxelas o 50 % de cofinanciamento pola súa condición de Tramo Transfronteirizo. Todo o demais son mentiras, enganos e “postureos”.  Dito sexa, con todos os respectos, naturalmente.

A estación de ferrocarril de Monforte
A estación de ferrocarril de Monforte | Fonte: P.C.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoan Vázquez Mao Secretario Xeral do Eixo Atlántico Secretario Xeral da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas, RIET Secretario Xeral da Rede de cidades e territorios Europeos de Fronteira, CECICN