Para que votamos os galegos

Historicamente o voto galego foi polarizado entre as dúas grandes formacións nacionais: PP e PSOE. Entendendo que o PP aglutinou o espazo electoral das extintas UCD e AP, só eventualmente o BNG tivo unha representante no Parlamento Nacional.

Por Xoan V. Mao | Vigo | 22/04/2019

Comparte esta noticia
Durante esta última e convulsa lexislatura, acariñouse o soño de ter grupo galego propio, aínda que fose un grupo fragmentado entre a lealdade a Galicia exclusivamente, de Alexandra Fernández, e a obediencia debida aos dirixentes nacionais de Podemos, dos outros 4 deputados. 
 
Este longo período coincidiu con numerosos agravios con respecto ao Mediterráneo, como o engano do AVE, que tras 25 anos, aínda non circula por Galicia, a renovación inexplicable da concesión da AP 9, mentres a Euskadi transfíreselle a AP-68, o inexistente Plan director do Corredor do Atlántico, mentres o do Corredor Mediterráneo xa está en marcha, a ausencia dunha política forestal que preveña os incendios e desenvolva sostenibilidade ao rural, a ausencia dunha política industrial vinculada á innovación e a I+D+I, ou o reforzamento da Eurorrexión, como un espazo de desenvolvemento económico, ausente da maior parte dos Cumes Ibéricos. 
 
Por citar só un exemplo do absurdo, construíronse dous grandes portos exteriores, como contrapartida do desastre do Prestige, pero non construíron as comunicacións ferroviarias. E un porto sen tren é como un avión sen ás: non pode voar. E así seguiríamos até un longo etcétera, cuxa conclusión ultima é o despoboamento, a marcha dos nosos mozos a buscar futuro lonxe de casa, a perda dos seus coñecementos para desenvolver Galicia, despois do investimento feito na súa formación, e por suposto, as consecuencias do despoboamento: menos peso político porque temos menos deputados, e menos investimento porque recadamos menos impostos e temos un PIB moito menor. O que finalmente pecha o círculo vicioso, cunha alarmante perda de calidade dos servizos básicos: sanidade, educación, infraestruturas, por citar os principais. Ningún dos grandes partidos quixo nunca ter grupo parlamentario galego, coma se téñeno, por exemplo, os socialistas cataláns. E por suposto, é impensable que os deputados socialistas ou populares negocien o seu apoio á investidura ou aos orzamentos en función dos investimentos en Galicia. É o que hai, sen ambaxes nin panxoliñas. Unha realidade que convén ter presente á hora de votar, porque do que se vote dependerán catro anos cruciais para Galicia.
 
Pero non só deben telo presente os electores, senón tamén os candidatos que aínda están a tempo de modular as súas propostas. Porque até a data, todos os líderes que pasaron por aquí, só intercambiáronse descualificacións, apelando ao voto do medo e insultos varios. Pero ninguén fixo unha soa referencia aos auténticos problemas de Galicia. Problemas que se poden concretar en 4 grandes eixos: as infraestruturas, porque sen mobilidade non hai desenvolvemento económico (Saída Sur de Vigo, para que funcione unha liña moderna entre Ferrol/Coruña e Lisboa; Corredor do Atlántico, para que os nosos portos non descendan a segunda división portuaria, incluíndo o tramo Ourense-Lugo e Coruña-Lugo; e a transferencia da AP 9); A política industrial e o reforzo dos investimentos en I+D+ I para que as nosas empresas sexan competitivas, con especial atención ao sector da automoción e das empresas electrointensivas. Unha política marítima en todos os seus ámbitos, desde a construción naval até a pesca, e por último unha política transversal de reforzo do interior e das zonas de baixa densidade poboacional, para combater a crise demográfica e o despoboamento. Todo o demais vén derivado deste catro eixos. Non é tan difícil nin doe. Aínda que aos galegos si que pode doernos se non eliximos con sentidiño o noso voto.

Voto nas eleccións
Voto nas eleccións | Fonte: EP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA