De Record Guinnes, á cámara frigorífica dun restaurante

Ese é o triste final de Pezuñas, o boi raza rubia galega Record Guinnes coas súas 2,2 toneladas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/02/2014 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Pezuñas, o boi raza rubia galega e Record Guinnes xa é historia. Acabou, en forma de chuletas, no restaurante El Capricho de León que amosou fachendoso aos medios de comunicación a súa adquisición.

Pezuñas, o boi de raza rubia galega que chegou aos 2.200 quilos Pezuñas, o boi de raza rubia galega que chegou aos 2.200 quilos
Pezuñas, o boi de raza rubia galega que chegou aos 2.200 quilos Pezuñas, o boi de raza rubia galega que chegou aos 2.200 quilos

O boi chegou a pesar 2,2 toneladas de peso e 1,4 toneladas en canle e foi criado por un gandeiro de Legorreta (Gipuzcoa). O seu dono, Alejandro Goya, vendeulle por 36.000 euros ao asador Restaurante El Capricho de León.

Precisamente, neste restaurante vanse celebrar as XII Jornadas Gastronómicas de Exaltación de la Carne de Buei de Capricho. Por iso, o interese deste local en facerse coa carne do animal.

O seu propietario suliñou que Pezuñas alimentouse sempre coa mellor forraxe e a herba co único obxectivo de acadar os 2.200 quilos e así entrar na marca Guinness de Europa. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

1 galego do común

Non quero desilusionarvos. Pero as fermosas vacas e bois de raza rubia que vemos nos montes galegos , os gandeiros e gandeiras galegos que os coidan fano co interese de vendelos ou coma tenreiras ou coma bois ben fermosos para a industria cárnica. Alimentar a un boi durante anos para que pese 2 Tm non se fai por amor á arte. Pezuñas fai máis polo sector primario galego que moitas campañas institucionais e dignifica a súa raza coma unha das mellores en calidade das carnes vermellas. Pero bueno, por 36000 euros vostede pode adoptalo e coidalo, se gosta...

1 Normal

Si, a min tamén me parece unha tontada o conto ese do "triste final". Ben poderíamos falar da calidade dos productos do sector primario galego e deixarnos de "tristes finais".

2 fame non

non hó. E logo alguén pensaba que os coidaban para os ponher a presentar o Luar con Gayoso? Naturalmente que son para comer. Quen me dera poder apanhar un chuleton coma os da foto. GaIiza ceive e con bisteques -EDITO: que xa me está f0dend0 a pvta lireira que tedes en galicia confidencial de bloquear o comentario cada vez que ponho gaIiza ceive (o tenho que disfrazar facendo o L cun i grande). Non tenho que cuidar a minha linguaxe. E o apampanado/a que decidiu bloquear "GaIiza ceive" quen ten que cuidar a cabeza. GaIiza ceive non é delito.

3 Hermerico

Nom seria tam triste se alguns dos que o vam comer se atrangantassem e morresem afogados

4 fame non

por que? eses bisteques tenhen que estar deliciosos. Logo acha que tinhamos que comer herba?