Un encapuchado atraca unha gasolineira en Fene cun coitelo

O home fuxíu á carreira.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2021 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

Un home que ía encapuchado e que ameazou ao empregado cun coitelo levou sobre as 20,35 horas deste domingo, 3 de outubro, a recadación que nese momento había na Estación de servizo Ortegal Oil de Rego do Muiño, en Fene.

Segundo indicaron fontes consultadas por Europa Press, o home accedeu á gasolineira a pé e, acto seguido, dirixiuse á persoa que estaba tras a caixa e, cun coitelo na man, arrincou a caixa do diñeiro do computador, para marchar á carreira.

Ademais, investígase se o atracador contou coa colaboración doutra persoa, que supostamente agardaba no exterior cun vehículo listo para emprender a fuga.

Tras o incidente púxose en coñecemento da Garda Civil este roubo e ao lugar desprazáronse axentes da Benemérita, que se fixeron cargo da investigación. Este luns os propietarios do establecemento asaltado presentaron denuncia.

Unha muller pon gasolina ao seu vehículo nunha gasolineira,
Unha muller pon gasolina ao seu vehículo nunha gasolineira, | Fonte: A. Pérez Meca - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta