"Por culpa do capital bótannos do rural"... O vento e a chuvia non impiden as protestas contra os eólicos

Os veciños da Costa da Morte concentráronse esta fin de semana no alto de Paxareiras.

Por Galicia Confidencial | Carnota | 04/10/2021 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

Non se vía ningún viravento por mor da néboa. A chuvia e o vento facían imposible estar quedoo. Pero aínda así, máis de 160 persoas desafiaron ás leis da natureza para concentrarse no alto de Paxareiras este pasado sábado. Unha concentración que se presentaba un antes e un despois da loita contra a invasión eólica en Galicia, pero que terá que repetirse en vindeiras semanas para dar conta da verdadeira incidencia que está cobrando este movemento no sur da provincia da Coruña.

Concentración no alto de Paxareiras en contra dos novos proxectos eólicos na comarca
Concentración no alto de Paxareiras en contra dos novos proxectos eólicos na comarca | Fonte: QPC

Dende Malpica a Outes, pasando por zonas como Negreira, Mazaricos, Santa Comba ou Val do Dubra, a veciñanza comeza a darse conta da inxente cantidade de parques eólicos que temos en tramitación e que coñecemos gracias ás entidades medioambientais, que nunca das empresas promotoras nin da man das administracións.

Entidades como ADECOM apoiaron a convocatoria e deixaron claro que “o vento é noso”. A veciñanza da Baña levou a súa pancarta “Por culpa do capital bótannos do rural”, e dende a Plataforma “Non + Eólicos” volveron denunciar a fragmentación irregular dos parques eólicos de Bustelo, Campelo e Monte Toural, que afectan a Santa Comba, Coristanco e Carballo. Nova de QPC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta