Luz verde ás expropiacións para a execución da nova vía de servizo ao hospital 'Gran Montecelo'

O Goberno galego prevé realizar neste outono a convocatoria para levantar as actas previas e de ocupación; e o Concello pontevedrés asumirá a licitación e a execución das obras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2021 | Actualizada ás 16:10

Comparte esta noticia

O Goberno galego autorizou as expropiacións para a execución da nova vía que dará servizo ao Hospital Público 'Gran Montecelo', en Pontevedra. O decreto aprobado este xoves declara a urxencia para a ocupación dos 85 predios necesarios para a construción desta vía, que suporá un investimento de máis de 1,7 millóns de euros, incluídas as expropiacións.

A execución da vía enmárcase no convenio entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Pontevedra para a ampliación do complexo hospitalario, que establece que a Administración local financiará as obras, cun orzamento de case 1,4 millóns de euros e a Xunta asumirá o custo das expropiacións, cun importe de case 386.000 euros.

O Goberno galego prevé realizar neste outono a convocatoria para levantar as actas previas e de ocupación. Pola súa banda, o Concello pontevedrés asumirá a licitación e a execución das obras. Neste sentido, a Xunta aprobou o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o Concello comprometeuse a asumir os gastos para dotar a parcela dos accesos rodados e peonís, de abastecemento de auga, saneamento ou subministración eléctrica.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS

O obxectivo da nova vía, de 830 metros de lonxitude, é dar servizo e circunvalar o hospital 'Gran Montecelo'. A vía terá inicio e final na actual Avenida de Montecelo que dá acceso ao hospital e contará con catro glorietas, unha ao principio, outra ao final e dúas intermedias.

Estará proxectada como unha vía de calzada única con dous carrís, un por sentido, de 3,30 metros de anchura cada un, e beirarrúas a ambos os dous lados. O proxecto prevé a limitación da velocidade do percorrido a 30 quilómetros por hora, con pasos de peóns elevados.

Proxecto do hospital Gran Montecelo. XUNTA
Proxecto do hospital Gran Montecelo. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta