"Despois das ondas" achega a diva María Casares aos veciños de Sada 25 anos depois do seu pasamento

A peza teatral "Velliñas" chega a Poio con "un canto á vida sexa cal sexa a idade".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/10/2021 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

Arrinca a xira de outono de ButacaZero. E faino coa chegada da diva María Casares, 25 anos despois da súa morte, á Casa da Cultura de Sada. A función, que leva por título "Despois das ondas", será o domingo 17 de outubro na Casa da Cultura de Sada, ás oito da tarde.

Obra de teatro 'Despois dás ondas', dedicado a María Casares.. BUTACAZERO
Obra de teatro 'Despois dás ondas', dedicado a María Casares.. BUTACAZERO

A peza, financiada pola Deputación da Coruña, é obra de Ernesto Is, e baixo a dirección de Xavier Castiñeira, achegará á grande diva do teatro e o cinema francés do século XX aos veciños de Sada. Ernesto Is, quen levou por esta peza Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña, propón "unha viaxe en tren no que a diva do teatro vai recordando a súa vida, dende a súa infancia na Coruña, ate a chegada da República, a Guerra Civil, o exilio, o seu éxito profesional como actriz francesa ou a morte do seu grande amor: Albert Camus".Esta peza de Ernesto Is, baixo a dirección de Xavier Castiñeira, consegue sacar da actriz Belén Costenla "unha das súas mellores interpretacións" a través dunha das personaxes galegas "máis internacionais", tal e como destaca a organización.


Á parte de Constenla, completan o elenco Nerea Brey, quen encarnará a María Casares na súa infancia e mocidade, e Sonsoles Cordón, quen será a encargada de levar ao escenario varias coreografías e de crear a numerosos personaxes.

"VELLIÑAS", EN POIO

Como un "canto á vida sexa cal sexa a idade", así define ButacaZero a súa nova proposta teatral en coprodución con Inherente Teatro, que chega este venres ás 21.00 horas a Poio. A peza forma parte do programa Tornar ás táboas, da Deputación de Pontevedra, e terá lugar no Centro Cultural Xaime Illa Couto (en Raxó). A entrada é de balde, para todas as funcións do programa, e poderán recollerse directamente ata completar aforo.

O espectáculo, cuxa entrada será libre e gratuíta ata completar aforamento, conta a viaxe a pé a Santiago de Compostela de tres mulleres maiores. A proposta emprega ferramentas actorais básicas como a máscara larvaria, porque busca valerse "dos menos elementos posibles", destaca Butacazero.

'Velliñas' conta coa dirección de Xavier Castiñeira e a dramaturxia de Esther F. Carrodeguas, así como co traballo das actrices Noelia Branco, Noa Covelo e Alba Branco."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta