O programa 'Elixe Galicia', recoñecido como mellor produto de turismo activo en 2021

O galardón concédeno a Feira Internacional de Turismo (FITUR) e a revista Aire Libre.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/10/2021 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

O programa 'Elixe Galicia' foi recoñecido como premio ao Mellor Produto de Turismo Activo. A iniciativa foi impulsada pola Xunta en 2020 co fin de incentivar a recuperación do sector, mediante a desestacionalización das viaxes e o impulso do turismo interno.

Programa de turismo interno 'Elixe Galicia'
Programa de turismo interno 'Elixe Galicia' | Fonte: Xunta.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recolleu este mércores en Madrid o galardón concedido pola Feira Internacional de Turismo (FITUR) e a revista Aire Libre.

'Elixe Galicia' comparte premio xunto con outros tres produtos de turismo activo na categoría estatal: 'A aventura do Santo Graal' en Valencia, 'Vale D'Aran Walking Festival' de Lleida e o 'Barranco da Leze', en Áraba.

O premio tamén conta cunha categoría internacional, que recaeu en propostas de Corea e Bulgaria.

O programa galego está composto por paquetes turísticos dirixidos a mozos menores de 30 anos, familias e pensionistas de máis de 55 anos, e leva comercializadas máis de 4.300 prazas entre a edición de 2020 e a deste ano, o que se traduce nunha inxección directa no sector turístico de máis de 1 millón de euros.

O programa estará activo ata o próximo mes de novembro, con datas abertas para viaxar entre catro programas propostos que permiten coñecer os nosos recursos turísticos de patrimonio, natureza, costa ou termal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta