Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2021 | Actualizada ás 12:55
Galicia avanza na vacinación contra a Covid-19 e alcanza as 4.405.301 doses administradas, tras pór outras 1.500, o que aumenta a case un 93 por cento a poboación diana --maiores de 12 anos-- inmunizada e un 84,5% dos habitantes da Comunidade galega.
Segundo os datos publicados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade no 'Cronómetro de vacinación' con respecto á xornada do mércores, recollidos por Europa Press, administráronse 4.405.301 dose da vacina contra a Covid-19 en Galicia ata a data, 1.502 máis que as rexistradas ata o día anterior.
Máis da metade desas 1.502 doses destinouse a completar pautas, ao finalizar o proceso 990 persoas máis, o que eleva ao 92,98 por cento a poboación diana inmunizada e a un 84,53% do total de habitantes.
Por grupos de poboación por vulnerabilidade, hai 17.668 cidadáns de alto risco coa pauta completa; 17.606 dependentes non institucionalizados e 26.993 que están institucionalizados. Mentres, 2.075.646 vacináronse por idade.
Por probabilidade de exposición, 72.704 profesionais do ámbito sanitario teñen pauta completa, 27.181 do sociosanitario e 44.083 traballadores de actividades consideradas esenciais tamén a recibiron.
En Galicia o proceso de vacinación contra o coronavirus segue nos hospitais do Servizo Galego de Saúde, tras pechar os centros de vacinación masiva, coa administración de segundas doses pendentes e autocita para maiores de 12 anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.