A Policía de Teo advirte dun incremento de avisos de intento de suicidio tras auxiliar unha moza

O Concello lembra que dispón dun Centro de Información á Muller cunha psicóloga (981 93 84 75) e que "en calquera dos servizos de seguridade ou benestar poderán prestar atención nunha primeira intervención".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2021 | Actualizada ás 17:09

Comparte esta noticia

A Policía Local de Teo advirte dun incremento de avisos por intentos de suicidio despois de auxiliar unha moza o pasado fin de semana xunto a persoal de Protección Civil.

A través dun comunicado, a Policía Local de Teo explicou que interveu o pasado fin de semana tras o aviso do 112 a persoal municipal de que unha moza enviara unha mensaxe á súa nai "dicíndolle que se quería suicidar e que estaba nun monte sen precisar localización".

Tras realizar unha serie de xestións, a moza foi localizada nun monte próximo á súa vivenda e convencérona para volver cos seus pais. Na súa casa foi atendida por unha dotación do 061, que informou da necesidade do traslado da moza a un centro hospitalario para ser tratada.

No momento no que foi informada diso, a moza fixo "un intento de tirarse por unha xanela", o que evitaron axentes de Policía Local e efectivos de Protección Civil. A moza finalmente foi levada a un centro hospitalario.

Por parte da Policía Local de Teo advirten de que detectaron "un incremento de avisos nos últimos meses de intentos de suicidios". Por iso, se algunha persoa necesita acompañamento a este respecto, o Concello desta localidade lembra que dispón dun Centro de Información á Muller cunha psicóloga (981 93 84 75) e que "en calquera dos servizos de seguridade ou benestar poderán prestar atención nunha primeira intervención".

Foto policía local de Santiago. CONCELLO DE SANTIAGO - Arquivo
Foto policía local de Santiago. CONCELLO DE SANTIAGO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta