Evacuado a un hospital de Vigo un home tras recibir un golpe dunha vaca na Cañiza

O home foi trasladado nun helicóptero medicalizado.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 18/10/2021 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

Un home duns 66 anos de idade foi trasladado este luns nun helicóptero medicalizado ata un hospital de Vigo despois de recibir un golpe dunha vaca no municipio pontevedrés da Cañiza. Segundo informou o 112 Galicia, o servizo de emerxencias tivo constancia dos feitos ocorridos no lugar de Luneda mediante a chamada dos servizos sanitarios pasadas as 11,00 horas deste luns.

Durante a comunicación, o persoal de Urxencias Sanitarias informou de que se ía a mobilizar a aeronave medicalizada con base en Ourense para prestar servizo á persoa afectada.

Unha vez recollidos os datos, os operadores do CIAE-112 Galicia notificáronllos aos axentes da Policía Local, para prestar apoio no punto do incidente.

Ademais do helicóptero, o 061 mobilizou unha ambulancia de soporte vital básico, pero o home ferido, A.V.F., de 66 anos de idade, foi evacuado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo na aeronave medicalizada, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. SERGAS - Arquivo
Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. SERGAS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta