Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2021 | Actualizada ás 13:34
As exportacións galegas subiron un 20,5% en agosto en Galicia, ata 1.852,23 millóns de euros, mentres as importacións creceron un 25,9%, ata 1.552,71 millóns. O saldo comercial situouse, así, en 329,52 millóns de euros.
Segundo o informe do Instituto Galego de Estatística (IGE), de xaneiro a agosto as exportacións incrementáronse un 22,9%, ata 14.929,66 millóns; e as importacións un 24%, ata 12.601,39 millóns, o que deixa o saldo en 2.328,27 millóns.
En agosto, os produtos con maior influencia positiva nas exportacións de agosto foron as 'Pezas de vestir, non de punto', seguidas polos 'Combustibles, aceites minerais. Pola contra, os produtos con máis repercusión negativa foron os 'Vehículos automóbiles; tractores'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.