A Xunta convértese en madeireira: saca a poxa 52 lotes de madeira por máis dun millón en Ourense

Dos 52 lotes contan con certificación forestal sustentable PEFC e 13 con dobre certificación PEFC e FSC.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 22/10/2021 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural saca a poxa 52 lotes de madeira na provincia de Ourense por un importe de 1,38 millóns de euros, nunha convocatoria publicada este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG). Esta poxa pública electrónica celebrarase o 8 de decembro na xefatura territorial da Consellería de Medio Rural en Ourense.

A práctica totalidade dos lotes pertencen a comunidades de montes veciñais con convenios ou consorcios de xestión coa Consellería. Entre os lotes suman máis de 73.000 metros cúbicos de madeira de piñeiro do país e de piñeiro silvestre, xunto con cantidades menores doutras especies.

En detalle, 24 dos 52 lotes contan con certificación forestal sustentable PEFC e 13 con dobre certificación PEFC e FSC, os dous sistemas de certificación máis implantados a nivel mundial. Ademais, as empresas que opten aos lotes certificados deben dispor tamén dun certificado de cadea de custodia, que permite garantir a rastrexabilidade da madeira.

Os licitadores deberán realizarán todos os trámites de maneira telemática, desde a consulta dos lotes dispoñibles ata a poxa final. Así mesmo, tanto as empresas participantes na poxa como todo aquel que o desexe poderá seguir o proceso a través dunha sala virtual creada para o efecto.

Ademais, os licitadores poden presentar directamente as súas ofertas económicas na sede electrónica da Xunta de Galicia. Toda a información relacionada coas poxas de madeira pode consultarse na seguinte dirección web: https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/forestal/poxas.

Piñeiro novo recentemente tallado en Candaido, A Fonsagrada, Lugo / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press
Piñeiro novo recentemente tallado en Candaido, A Fonsagrada, Lugo / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta