A patronal do turismo pide "estabilidade fiscal" para non lastrar a recuperación en Galicia

Competur asegura que a suba de impostos na hostalaría "reduce a recadación" e pide imitar os países europeos que baixaron o IVE ao sector.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2021 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

Conforme van caendo as restricións vencelladas á pandemia --a última, o propio estado de emerxencia sanitaria-- os principais sectores económicos de Galicia e o resto do Estado comezan a despreguizarse dunha vez por todas coa vista posta no camiño da recuperación. Non será tan sinxelo como se prevía nun comezo, porén: a crise enerxética e de materiais ameaza con frear unha reconstrución que, no caso do turismo, podería dependender tamén da "estabilidade fiscal".

Unha camareira serve unha cervexa no interior dun bar nunha rúa céntrica de Barcelona. David Zorrakino - Europa Press
Unha camareira serve unha cervexa no interior dun bar nunha rúa céntrica de Barcelona. David Zorrakino - Europa Press

Cando menso, así o apuntan dende a plataforma Competur, que vén de presentar unha Estratexia Operativa na que pide estabilidade fiscal e regulatoria para poder potenciar un turismo sostible ao longo dos anos. A asociación, que recolle diversos grupos empresariais do sector do turismo e a alimentación, dirixiuse directamente á directora da Axencia de Turismo de Galicia, Marta Fernández, para trasladarlle as conclusións do estudo, que sitúa o turismo como posible "punta de lanza da recuperación económica". 

O estudo presentado afonda das ameazas, fortalezas e oportunidades do sector turístico, apuntando á incerteza económica, política e social como un dos "principais riscos" que enfronta a recuperación apuntada. De aí a importancia de achegar a xa amentada "estabilidade fiscal e regulatoria" para evitar obstáculos de cara á reconstrución do sector. 

No mesmo aspecto, destacan que o incremento de impostos que gravan a hostelería reducen o consumo e a propia capacidade recadatoria do Estado, aseguran. Por iso piden chegar a un punto de "estabilidade fiscal", imitando a países como Austria, Alemania, Grecia, Irlanda, Reino Unido e Lituania, que, segundo apuntan, veñen de aprobar unha redución do IVE na hostalaría.

A terraza dun bar, na praza do Obradoiro, a 9 de outubro de 2021, en Santiago de Compostela.. César Arxina - Europa Press
A terraza dun bar, na praza do Obradoiro, a 9 de outubro de 2021, en Santiago de Compostela.. César Arxina - Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta