O Concello de Pontevedra conxela taxas e impostos por oitavo ano consecutivo

O Concello afirma que con esta conxelación pon o seu gran de area para que os veciños do municipio non vexan tamén incrementada a presión nas súas contas pola parte pública local.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2021 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

O Concello de Pontevedra comunicou este mércores o acordo do goberno local de manter conxelados todos os impostos e taxas que hai no municipio por oitavo ano consecutivo. Con esta decisión, os pontevedreses aforrarán dous millóns de euros, cantidade que deixarán de ingresar as arcas municipais.

Segundo anunciou en rolda de prensa o concelleiro de Facenda, Raimundo González, cinco impostos e vinte taxas non recibirán ningún tipo de incremento de face ao exercicio 2022 "é unha situación que levamos repetindo desde o ano 2014".

Raimundo González sinalou que "con esta decisión vese diminuída" a presión fiscal que teñen os veciños de Pontevedra respecto do Concello. "Máis aínda se vemos as cifras do último ano, no que houbo unha subida do 4 % do IPC", abundou.

O edil referiuse a a "complexa actualidade económica mundial", e sinalou factores e elementos como "os fretes dos barcos que están a subir de maneira exponencial, as materias primas van desbordadas, os produtos de primeira necesidade igual, gasolina gas, luz... Unha inflación que leva todo o camiño de ser aínda máis alta". O Concello afirma que con esta conxelación pon o seu gran de area para que os veciños do municipio non vexan tamén incrementada a presión nas súas contas pola parte pública local.

Segundo os datos expostos, os ingresos anuais por impostos no municipio achéganse aos 30 millóns de euros, dos cales 20 millóns serían do IVE. Na práctica, aplicada a inflación do 4%, poderíase falar de 1.400.000 euros. En taxas, a cantidade sitúase en 19,5 millóns de euros, que en caso de aplicarse o 4% de subida do IPC, a cifra sumaría de 800.000 euros.

Para compensar parcialmente a conxelación, o concelleiro indicou que continuarán coas inspeccións fiscais e actualización de censos, cunha persecución especial á fraude no caso de taxas de recollida de residuos sólidos urbanos e de rede de sumidoiros. Tamén actualizarán os censos do Imposto de Actividades Económicas, que afecta a empresas que facturan máis dun millón de euros.

PLUSVALÍA

En relación á sentenza do Tribunal Constitucional que anula o método de cálculo do imposto de plusvalía, que grava o incremento dos terreos de natureza urbana que se transmiten, Raimundo González apuntou que o Concello de Pontevedra tiña contemplados, no exercicio deste ano, 1,7 millóns de euros.

En Pontevedra non se aplica o máximo tipo impositivo que se sitúa no 30% como en gran parte das capitais de provincia, senón o 21 por cento. Sobre como afectará a nova sentenza sobre este imposto á cidade, González mostrouse cauto e afirmou que non sabe aínda como "afectará". "É comprensible que afecte, pero está por ver a maneira e as cifras concretas", concluíu.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, nunha entrevista para Europa Press
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, nunha entrevista para Europa Press | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta