Queres participar nun concurso de guións contra a violencia de xénero?

A Deputación da Coruña vén de abrir o prazo para presentarse.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2021 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

A área de Igualdade da Deputación da Coruña abriu a convocatoria para a oitava edición do concurso de guións contra a violencia de xénero. O obxectivo deste certame é promover a elaboración dun guión, para a posterior realización dunha curta, "que xere reflexión, conciencia, sensibilización e prevención da violencia vicaria como forma de control e dominación", informa o organismo provincial.

Este certame vai dirixido a alumnado con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos que presenten guións de forma individual ou en grupos de ata seis persoas, supervisados e titorizados por persoal docente do centro.

Mural realizado polas internas da prisión da Lama contra a violencia de xénero
Mural realizado polas internas da prisión da Lama contra a violencia de xénero | Fonte: INSTITUCIÓNS PENAIS - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta