O peregrino que cruzou Europa en bicicleta adaptada chega á meta: concienciar sobre as enfermidades cardiovasculares

O suízo Christian Salamin percorreu 5.400 quilómetros durante catro meses para visibilizar unha enfermidade que supón a segunda causa de morte en España, a primeira en mulleres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2021 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

Catro meses despois da súa partida o 7 de xullo, Christian Salamin completou a súa fazaña este venres, día mundial do ictus e no que arribou á compostelá Praza do Obradoiro, meta do Camiño e da proeza realizada por este suízo, que percorreu os 5.400 quilómetros que separan a cidade de Thordheim, no norte de Noruega, da capital galega.

Todo iso para concienciar sobre as enfermidades cardiovasculares e recadar fondos. En 2015, Christian Salamin sufriu un ictus mentres traballaba na súa oficina que lle provocou unha parálise parcial do seu corpo. De espírito deportista, o suízo decidiu hai un ano embarcarse na aventura de cruzar Europa para visibilizar unha enfermidade que supón a segunda causa de morte en España, a primeira en mulleres.

Montado na súa bicicleta adaptada e baixo a lema 'Ride for stroke', Christian Salamin partiu de Thordheim, en Noruega, o pasado 7 de xullo e fixo coincidir a súa chegada á meta da viaxe con este 29 de outubro, no que se conmemora o día mundial do ictus.

Recibido na Praza do Obradoiro por un grupo de gaiteiros da agrupación folclórica local da Colexiata do Sar e personalidades políticas, o deportista suízo experimentou a emoción de culminar a proeza de atravesar o vello continente.

Atrás quedan sete países, o máis duro deles Alemaña, polas choivas ás que tivo que facer fronte durante o seu paso pola rexión xermana, aínda que tamén recoñece que a orografía dos últimos tramos, que transcorreu polo Camiño Francés da Ruta Xacobea, tamén lle fixeron sufrir. Así o confesou o propio Christian Salamin á súa chegada a Santiago, onde estivo arroupado pola súa familia e compañeiros, que non puideron esconder a emoción de ver completa a fazaña do suízo.

En todo caso, Christian recoñeceu que ten unha cousa clara: aínda que está contento pola experiencia e polos obxectivos logrados en con ela, nunca a repetiría.

O suízo Christian Salamin na Praza do Obradoiro tras completar a fazaña de cruzar Europa en bicicleta adaptada para concienciar sobre o ictus
O suízo Christian Salamin na Praza do Obradoiro tras completar a fazaña de cruzar Europa en bicicleta adaptada para concienciar sobre o ictus | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta