Ferida unha persoa nunha colisión de tres vehículos en Padrón

Tivo que ser trasladada polos servizos sanitarios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2021 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

Unha colisión múltiple con tres vehículos implicados rexistrada na mañá deste xoves saldouse cunha persoa ferida no termo municipal de Padrón. Segundo informou o 112 Galicia, pasadas as 11,00 horas un particular avisou ao servizo de emerxencias de que se acababa de producir unha colisión por alcance entre tres coches na estrada N-550, ao seu paso polo lugar da Escravitude, en Padrón. Así mesmo, solicitou asistencia sanitaria para unha persoa ferida.

Con esta información, os xestores do CIAE-112 Galicia comunicaron os feitos a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Padrón e á Policía Local. No punto do sinistro, os servizos de emerxencias confirmaron que había tres coches implicados no accidente e que unha persoa fora trasladada polos servizos sanitarios.

Por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) solicitouse, ademais, a intervención do servizo de mantemento de estradas para restablecer e garantir as condicións de seguridade da vía.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta