Rueda defende a "independencia" do Consultivo tras o seu informe favorable sobre Ence

O BNG criticou a indipendencia deste órgano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2021 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu a "independencia" do Consello Consultivo tras as críticas do BNG polo informe sobre a posible adscrición da factoría de Ence en Lourizán aos terreos da Autoridade Portuaria de Marín (Pontevedra).

Este venres, en declaracións aos medios en Cea (Ourense), o número dous do Goberno galego cualificou de "curioso" que o Bloque acuse de imparcialidade ao Consello Consultivo cando "o propio Concello de Pontevedra acudiu moitas veces" a este órgano "e baseouse no que dicía para tomar decisións".

E é que o pasado xoves, durante a comparecencia do presidente do Consello Consultivo, José Luís Costa Pillado, na Comisión de Orzamentos da Cámara galega, o deputado nacionalista Luís Bará censurou o informe do órgano que avala a posibilidade de adscribir ao porto de Marín os terreos que ocupa Ence, vía proposta para que a pasteira continúa na ría de Pontevedra tras a anulación das prórrogas á concesión en sentenzas da Audiencia Nacional.

"Non entendemos por que teñen ese empeño en negar esa posibilidade cando o Consello Consultivo, un órgano indepediente, mostrouse a favor", manifestou Alfonso Rueda, que lamenta a postura daqueles "que anuncian que van facer todo o posible para que non salga adiante, o que quere dicir, facer que eses postos de traballo se perdan". "Ógalla non o consigan", apostilou Rueda.

A fábrica de Ence situada á beira da ría de Pontevedra, separadas pola estrada que une Pontevedra con Marín
A fábrica de Ence situada á beira da ría de Pontevedra, separadas pola estrada que une Pontevedra con Marín | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta