Nove proxectos turísticos recibirán 14,6 millóns de fondos europeos para potenciar o litoral galego

Cabo Ortegal, os Bosques do Eume, Muros e Noia e o Concello de Ribeira son algúns dos proxectos seleccionados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2021 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

Un total de nove proxectos turísticos foron seleccionados de entre as 19 propostas en liza para repartirse 14,6 millóns de euros captados a través dos fondos europeos Next Generation co obxectivo de potenciar o litoral galego. As nove propostas forman parte dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD), acordado entre a Xunta e o Goberno tras un proceso de avaliación que concede axudas en función da puntuación obtendia.

Os proxectos seleccionados son o xeoparque Cabo Ortegal e os Bosques do Eume, ambos da Deputacion da Coruña. Nesa mesma provincia, tamén foron elixidos As Mariñas-Betanzos, Muros e Noia e o Concello de Ribeira. Na provincia de Pontevedra, foron aprobados os plans do Concello de Pontevedra, Sanxenxo, Marín e Baiona.

O proceso de selección tivo en conta factores como os criterios de transición verde e sustentable, eficiencia enerxética, transición dixital e competetividade, segundo trasladou a Xunta nun comunicado no que tamén destaca a valoración doutros puntos como a calidade, coherencia e precisión do proxecto, a vocación turística do destino ou o aliñamento coa estratexia de desenvolvemento turístico autonómica e estatal.

Así as cousas, outras dez candidaturas quedaron fóra da selección final, algúns por recibir unha puntuación inferior a 70 puntos, como os proxectos do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña e dos concellos do Grove e Vigo; ou por non conseguir o mínimo orzamento esixido, como foi o caso de Gondomar. Ademais, o proxecto de Viveiro quedou descartado por xa contar cun plan de sustentabilidade turística común, xa que figura dentro do PSTD da Mariña luguesa.

Tamén quedaron fóra as candidaturas elaboradas polos concellos de Cortegada, O Carballiño e pola Deputación de Pontevedra para o territorio Condado-Paradanta, xa que non encaixaban na estratexia autonómica desta convocatoria (Plan Litoral), un requisito que se comunicou a todos os participantes ao comezo do proceso.

Costa de Muros
Costa de Muros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta